Prionailurus bengalensis, coñecido vulgarmente como gato de Bengala ou gato tigre, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das cinco que integran o xénero Prionailurus.
E o gato asiático máis amplamente distribuído. A súa área de dispersión esténde desde a rexión do Amur, no extremo oriente de Rusia até as illas de Indonesia, abarcando a península de Corea, China, Indochina, o subcontinente indio, e desde o oeste, do norte de Paquistán até as illas Filipinas polo leste.
Encóntrase en áreas utilizadas para a agricultura, pero prefire hábitats boscosos. Vive nas selvas tropicais de árbores perennifolias e en plantacións a nivel do mar, en bosques caducifolios subtropicais e bosques de coníferas no sopé da cordilleira do Himalaia a alturas superiores aos 1 000 msnm.
É aproximadamente do tamaño dun gato doméstico (duns 60 cm de lonxitude), pero máis delgado e coas patas máis longas. A súa pequena cabeza está marcada con dúas raias escuras prominentes que van desde os ollos até as orellas, raias brancas pequenas que van desde os ollos até o nariz. A parte posterior das súas moderadamente longas e arredonadas orellas son de cor negra con manchas brancas centrais. O tronco e as extremidades están marcadas con puntos negros de diferente tamaño e cor, e ao longo do lombo corren de dúas a catro fileiras de manchas alongadas. A cola é aproximadamente da metade do tamaño da lonxitude cabeza-tronco e está salpicada po algúns aneis de cor negra. A coloración xeral do corpo é parda alaranxada co peito e ventre branco. A súa dieta comprende mamíferos medianos e pequenos, aves, réptiles e peixes. É de hábitos nocturnos, manténdose activo desde o solpor até o amanecer, aínda que non é raro velo durante o día. Nada con gran axilidade.
Lonxitude de cabeza e tronco, de 45 a 65 cm; lonxitude da cola, de 20 a 30 cm. Peso de 1,6 a 8 kg.[2]
Contra os 13 anos.[2]
De 2 a 3 cachorros.[2]
A especie foi descrita en 1792 polo médico e naturalista escocés en Linnaeus, Anim. Kingdom, 1: 151, baixo o nome de Felis bengalensis.[3]
Foi reclisificado en 1858 dentro do xénero Prionailurus polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, que describiu este novo xénero.[3]
O epíteto específico, bengalensis, débese a que o espécime tipo procedía de Bengala, India.[3]
Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como gato de Bengala ou gato tigre, coas adaptacións correspondentes de cada idioma.
Na actualidade recoñécense dentro da especie as seguintes subespecies:[3]
Aínda que algúns autores engaden unha máis: Prionailurus bengalensis iriomotensis, que vive exclusivamente na pequena illa de Iriomote, nas illas Ryukyu (Xapón), que a maoiria recoñece como especie independente, Prionailurus iriomotensis Imaizumi, 1967.[4] E, para outros, sería un Prionailurus incertae sedis.[5]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que é unha especie mmoi estendida e relativamente común,[6][7] aínda que a subespecie da illa Iriomonte, P. b. iriomotensis, avalíase por separado na súa Lista vermella porque a súa poboación é moi pequena e esta illada.[1]