Os opistocontos ou Opisthokonta ou "grupo Fungos/Metazoos"[1] é un amplo grupo de eucariotas, que comprende os reinos dos animais e dos fungos,[2] e un grupo de microorganismos eucariotas que se adoitan agrupar no filo parafilético Choanozoa.[3] Estudos xenéticos e ultraestruturais apoian claramente a idea de que os opistocontos son un grupo monofilético.
A característica común dos Opisthokonta é que teñen células flaxeladas, como é o caso dos espermatozoides dos animais ou as quitridioesporas dos fungos, situado na parte posterior da célula, é dicir, na parte oposta da dirección cara á que se move a célula (do mesmo modo que dicimos que a hélice está na parte posterior dos barcos). Isto dálle ao grupo o seu nome (do grego ὀπίσθιος, opísthios, "posterior" + κοντός, kontós, "pértega, poste", referíndose aquí ao flaxelo). As células flaxeladas doutros grupos de eucariotas, polo contrario, propúlsanse con flaxelos situados en posición anterior.
A estreita relación entre os animais e os fungos foi suxerida por Cavalier-Smith en 1987,[4] que utilizou o nome informal opisthokonta (o nome formal fora utilizado para os Chytridiomycota), e isto foi confirmado por estudos xenéticos posteriores.[5]
As primeiras filoxenias situábanos próximos ás plantas e outros grupos que teñen mitocondrias con cristas planas, pero este carácter é variable.
Cavalier-Smith e Stechmann [6] argumentan que os eucariotas uniciliados como os opistocontos e os Amoebozoa, denominados en conxunto Unikonta, separáronse doutros eucariotas biciliados, chamados Bikonta, pouco despois de que estes xurdiran na evolución.
Unha forma de dividir os Opisthokonta é distinguir os grupos Holomycota ou Nucletmycea (fungos e todos os organismos que están máis relacionados cos fungos ca cos animais) e Holozoa (animais e todos os organismos que están máis relacionados cos animais ca cos fungos); non foron identificados opistocontos basais anteriores á separación de Holomycota e Holozoa.
Outra forma de clasificalos é a que se mostra no seguinte diagrama de clados:[7][8]
Opisthokonta Holomycota Holozoa Filozoa ApoikozoaOs opistocontos ou Opisthokonta ou "grupo Fungos/Metazoos" é un amplo grupo de eucariotas, que comprende os reinos dos animais e dos fungos, e un grupo de microorganismos eucariotas que se adoitan agrupar no filo parafilético Choanozoa. Estudos xenéticos e ultraestruturais apoian claramente a idea de que os opistocontos son un grupo monofilético.