Pecten é un xénero do moluscos bivalvos mariños, que é o tipo da da orde dos pectinidos, da superfamilia dos pectinoideos, da familia dos pectínidos, da subfamilia dos pectinininos e da tribo de igual nome (Pectinini en latín).[1]
O xénero é coñecido no rexistro fósil desde o período cretáceo até o período cuaternario (desde hai 70,6 millóns de anos até a actualidade). Atopáronse cunchas fósiles deste xénero en todo o mundo.[2]
O xénero foi descrito en 1776 polo naturalista danés Otto Friedrich Müller, na súa obra Zoologiæ Danicæ Prodromus, seu Animalium Daniæ et Norvegiæ indigenarum characteres, nomina, et synonyma imprimis popularium. Havniæ: Hallageri. (Ver dixitalizado).[1][3]
Müller tomou o nome Pecten do latín clásico pecten, -inis, "peite", e tamén o nome dunha "especie de ostra comestíbel" (seguramente unha vieira).[4]
Segundo o WoRMS, o xénero comprende as seguintes especies:[1]
Porén, o ITIS e más a ADW só recoñecen tres especies:[5][6]
Estes bivalvos caracterízanse por teren unha das dúas valvas da súa cuncha máis voluminosa cá outra, que é plana e de cor máis escura, normalmente parda. Coñécense vulgarmente como vieiras ou cunchas de Santiago, nalgúns idiomas.
Son hermafroditas, cando son novas son machos, e despois fanse femias. Porén, algúns autores din que poden seren hermafroditas simultáneos.[7]
Viven no mar, en fondos areosos de até 100 m de profundidade, non moi lonxe da costa. Desprázanse ao pechar rapidamente as valvas das súas cunchas. Algúns son comestíbeis moi demandados polos gourmets, en particular a vieira propiamente dita (Pecten maximus).
En estado salvaxe actúan como depuradores, filtrando a auga salgada, unha función que é especialmente importante en épocas de exceso de algas (por exemplo, nes mareas vermellas) que poidan poñer en risco o equilibrio do ecosistema.
En Europa hai dúas especies de vieiras, Pecten jacobaeus, que vive nos fondos areosos do Mediterráneo, e Pecten maximus, que vive en fondos areosos do Atlántico nordeste.
Desde 1904 utilizase unha cuncha de Pecten como logotipo da compañía petroleira Royal Dutch Shell.
Pecten é un xénero do moluscos bivalvos mariños, que é o tipo da da orde dos pectinidos, da superfamilia dos pectinoideos, da familia dos pectínidos, da subfamilia dos pectinininos e da tribo de igual nome (Pectinini en latín).
O xénero é coñecido no rexistro fósil desde o período cretáceo até o período cuaternario (desde hai 70,6 millóns de anos até a actualidade). Atopáronse cunchas fósiles deste xénero en todo o mundo.