Os cefalaspidomorfos (Cephalaspidomorphi) son un grupo de peixes sen mandíbulas (ágnatos). A maioría dos seus membros están extintos; porén, as lampreas actuais son ás veces consideradas cefalaspidomorfos, co que o seu rango cronolóxico se estendería desde o Silúrico e o Devoniano até os nosos días.
En 1927, Stensiö [1] recoñeceu por primeira vez aos cefalaspidomorfos, nos que incluíu os osteostráceos, os anáspidos e as lampreas, xa que todos estes grupos compartían a presenza dun só orificio nasal dorsal, coñecido como abertura nasohipofisaria.
Desde entón, as opinións sobre os vertebrados sen mandíbulas cambiaron.[2]
Os ágnatos son probabelmente un grupo parafilético do cal xurdiron os gnatóstomos (peixes con mandíbulas) cuxa orixe podería estar entre os cefalaspidomorfos polo feito de compartiren a presenza de aletas pares.
Algúns zoólogos non usan o nome Cephalaspidomorphi, xa que as relacións entre osteostráceos e anáspidos non están claras, e as afinidades das lampreas tamén son dubidosas.
Outros restrinxiron o grupo dos cefalaspidomorfos para incluír nel só os grupos claramente relacionados cos osteostráceos, como Galeaspida e Pituriaspida, que eran practicamente descoñecidos nos anos 1920.
Moitos autores consideran aínda os cefalaspidomorfos como unha clase cun só grupo actual, as lampreas (petromizontiformes). Algunhas obras de referencia e bases de datos consideran Cephalaspidomorphi como unha clase linneana cuxos únicos representantes viventes son as lampreas.[3]
Pero as evidencias suxiren que as lampreas adquiriron os caracteres que comparten cos cefaláspidos por evolución converxente.[4] [5]
Por iso, moitas obras máis recentes sobre os peixes clasifican as lampreas nun grupo separado, os Petromyzontida ou Hiperoartios.[6]
Os cefalaspidomorfos (Cephalaspidomorphi) son un grupo de peixes sen mandíbulas (ágnatos). A maioría dos seus membros están extintos; porén, as lampreas actuais son ás veces consideradas cefalaspidomorfos, co que o seu rango cronolóxico se estendería desde o Silúrico e o Devoniano até os nosos días.