Os Anomalópidos (Anomalopidae) ou ollos de lanterna son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluída na orde Bericiformes (Beryciformes). Distribúense por augas tropicais, principalmente do Índico e Pacífico.
O trazo característico destes peixes é un órgano bioluminiscente situado baixo o ollo, dotado dunha cuberta cutánea que permite regular a cantidade de luz que emite e que serve para atraer o zooplancto do que se alimentan; a luz está producida por bacterias simbionte.
Teñen unha única espiña na aleta pelviana, 2 ou 3 espiñas na aleta anal e 2 a 6 na dorsal. Miden ó redor de 30 cm de lonxitude.
Viven en augas profundas pero durante e escuridade da noite a maioría de especies soben a augas superficiais para alimentarse do zooplancto.
Divídense en seis xéneros e oito especies: