Phaeodactylum tricornutum é unha especie de diatomea, única especie do xénero Phaeodactylum. A diferenza doutras diatomeas, esta especie pode presentarse en distintos morfotipos (fusiforme, trirradiada, e oval), e os cambios na forma da célula poden ser estimulados polas condicións ambientais.[1] Esta característica pode usarse para explorar a base molecular do control da forma celular e morfoxénese. A diferenza da maioría das diatomeas, P. tricornutum pode crecer en ausencia de silicio, e pode sobrevivir sen producir a súa frústula silicificada. Isto é unha oportunidade para a exploración experimental da nanofabricación en diatomeas baseada no silicio.
Outra peculiaridade é que durante a súa reprodución asexual as frústulas non parecen facerse máis pequenas. Isto permite o seu cultivo continuo sen necesidade de reprodución sexual. De feito, non se sabe se P. tricornutum pode reproducirse sexualmente, xa que non se obtiveron polo momento probas desta reprodución no laboratorio. Aínda que P. tricornutum pode ser considerada unha diatomea pennada atípica, é un das principais especies de diatomea modelo. Estableceuse un protocolo de transformación e disponse de vectores de interferencia de ARN para ela.[2][3] Isto facilita moito os estudos de xenética molecular con esta especie.
P. tricornutum é unha das dúas especies de diatomeas cuxo xenoma foi secuenciado (a outra é Thalassiosira pseudonana). O xenoma contén aproximadamente un 10% de xenes de tipo procariótico, o que supón unha proporción inusualmente grande. Na Diatom EST Database organizáronse uns 30.000 marcadores de secuencia expresada ou ESTs (expressed sequence tags) desta especie.[4]
A área de distribución de Phaeodactylum vai desde Francia[5] e Alemaña[6] en Europa a Nova Escocia en Norteamérica.[7]
Phaeodactylum tricornutum considérase unha fonte de enerxía potencial de microalgas. Crece rapidamente e almacena lípidos que constitúen entre o 20 e o 30% do seu peso seco celular en condicións de cultivo estándar.[8][9] A limitación de nitróxeno pode inducir unha acumulación de lípidos neutros en P. tricornutum, o que se pode aproveitar en posibles estratexias para mellorar a produción de biodíésel de microalgas.
Phaeodactylum tricornutum é unha especie de diatomea, única especie do xénero Phaeodactylum. A diferenza doutras diatomeas, esta especie pode presentarse en distintos morfotipos (fusiforme, trirradiada, e oval), e os cambios na forma da célula poden ser estimulados polas condicións ambientais. Esta característica pode usarse para explorar a base molecular do control da forma celular e morfoxénese. A diferenza da maioría das diatomeas, P. tricornutum pode crecer en ausencia de silicio, e pode sobrevivir sen producir a súa frústula silicificada. Isto é unha oportunidade para a exploración experimental da nanofabricación en diatomeas baseada no silicio.
Outra peculiaridade é que durante a súa reprodución asexual as frústulas non parecen facerse máis pequenas. Isto permite o seu cultivo continuo sen necesidade de reprodución sexual. De feito, non se sabe se P. tricornutum pode reproducirse sexualmente, xa que non se obtiveron polo momento probas desta reprodución no laboratorio. Aínda que P. tricornutum pode ser considerada unha diatomea pennada atípica, é un das principais especies de diatomea modelo. Estableceuse un protocolo de transformación e disponse de vectores de interferencia de ARN para ela. Isto facilita moito os estudos de xenética molecular con esta especie.