Ulva é un xénero que acolle diferentes algas coñecidas coma ulvas[1], verzas de mar ou xebras[2]; son oucas verdes comestíbeis que se atopan amplamente distribuídas ao longo das costas dos océanos do mundo.
A especie típica dentro do xénero Ulva é a leituga de mar[3] (Ulva lactuca), que provén da palabra lactuca do latín "leitga". O xénero tamén inclúe as especies previamente clasificadas baixo o xénero Enteromorpha, a cuxos antigos membros se lles coñece baixo o nome común de nori verde. As lamelas individuais das verzas de mar poden medrar até máis de 40 cm de tamaño, mais isto só ocorre cando as plantas medran en áreas protexidas.
Moitas especies de verzas de mar serven coma alimento dos seres humanos en Escandinavia, Gran Bretaña, Irlanda, China e Xapón (onde este alimento coñécese coma aosa). Consómense crúas en ensaladas e cocidas en sopas. Son ricas en proteínas, fibraalimentaria solúbel e nunha gran variedade de vitaminas e minerais, especialmente o ferro.
As especies incluídas no xénero Ulva son as seguintes:[4]
Ulva é un xénero que acolle diferentes algas coñecidas coma ulvas, verzas de mar ou xebras; son oucas verdes comestíbeis que se atopan amplamente distribuídas ao longo das costas dos océanos do mundo.
A especie típica dentro do xénero Ulva é a leituga de mar (Ulva lactuca), que provén da palabra lactuca do latín "leitga". O xénero tamén inclúe as especies previamente clasificadas baixo o xénero Enteromorpha, a cuxos antigos membros se lles coñece baixo o nome común de nori verde. As lamelas individuais das verzas de mar poden medrar até máis de 40 cm de tamaño, mais isto só ocorre cando as plantas medran en áreas protexidas.