Diplodus cervinus, coñecido en galego como sargo acastañado, é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos perciformes e familia dos espáridos,[2][3][4] unha das 23 integradas actualmente (2020) no xénero Diplodus.[5]
A especie foi descrita en 1838 polo ictiólogo e malacólogo inglés, Richard Thomas Lowe, especializado na flora e máis na fauna mariña do arquipélago de Madeira, baixo o nome de Charax cervinus.[2]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:[2]
O ictiólogos galegos propoñen para esta especie o nome de sargo acastañado.[6][7][8]
Tradicionalmente recoñecíanse dentro da especie as seguintes tres subespecies:[9]
Pero segundo o World Register of Marine Species na actualidade (2020), non se recoñece ningunha, xa que:[2]
Da mesma opinión é o Sistema Integrado de Información Taxonómica, que non recoñece ningunha subespecie.[4]
O sargo acastañado ten un corpo de forma ovalada, comprimido lateralmente, e alto nos xuvenís, xa que nos adultos isto non é tan marcado por mor do grosor do rostro e dos labios, e do avultamento da caluga. No adulto a cabeza presenta rostro groso, ollos pequenos e boca terminal cun fociño acabado en punta, cuns labios grosos. O maxilar superior está armado con de 10 a 12 dentes incisivos estreitos, alongados e implantados oblicuamente; na mandíbula hai 8 incisivos, e en ambos os maxilares hai dúas series de dentes molariformes (en forma de moa).[7]
A súa cor de fondo é prateada ou agrisada con bandas verticais escuras, as cinco primeiras percorren o corpo desde o pedúnculo pedúnculo caudal até o nivel das aletas pectorais, e outra característica banda escura atravesa o espazo entre os ollos. A aleta caudal é alta, e de lonxitude igual á da cabeza; as aletas pectorais son máis longas que as pelvianas, que alcanzan no seu extremo distal a orixe da aleta anal. Todas as aletas son de cor moi escura. A liña lateral, completa, aparece fortemente arqueada.[7]
É un peixe que pode alcanzar unha lonxitude máxima de 55 cm,[7][10] pero a lonxitude media é de 35 cm.[11] O tamaño normal dos espécimes que se pescan vai dos 30 aos 35 cm.[7]
Diplodus cervinus atópase no Atlántico oriental, desde o golfo de Biscaia até Suráfrica, e tamén no mar Mediterráneo,[9] aínda que neste mar é pouco común.[10]
A súa área de distribución abarca desde os 47° N até os 35° S, e desde os 19° O até os 36° L.[3]
É un peixe de augas mariñas subtropicais, bentopeláxico, que habita na plataforma continental, en fondos rochosos de 30 a 80 m de profundidade,[12] oceanódromo,[13] pero también puede descender até os 300 m en fondos fangosos. Forma pequenos grupos de 4 o 5 individuos de diferentes tamaños.[12]
Os xuvenís prefiren zonas pouco profundas e tranquilas con rochas, e sobre praderías submarinas de Zostera sp.[12]
Os adultos adoitan viviren en noiros rochosos, e entre restos de barcos naufragados,[12] a profundidades de entre os 30 aos 80 m.[7]
Segundo a presión pesqueira que sofre na zona dos fondos mariños, o sargo acastañado ten un comportamento solitario ou gregario.[9]
Diplodus cervinus é carnívoro, e a súa dieta constitúena principalmente organismos invertebrados bentónicos, como ourizos de mar, vermes e moluscos bivalvos.[9]
Reprodúcese nos meses de febreiro a abril.[7]
Diplodus cervinus e obxecto de sobrepesca no arquipélago Canario.[14] Dado que esta especie ten una proceso vital relativamente lento e un longo tempo de xeración, creese que este impacto representa unha ameaza significativa para as poboacións locais.[1]
Segundo os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), a nivel global Diplodus cervinus abarca unha área de dispersión desde o mar Cantábrico até o arquipélago Canario e o de Cabo Verde. A especie, en Canarias, é obxecto de sobrepesca, polo aque é necsario controlala, xa que experimentou unha redución da súa abundancia até o 85 % do nivel de equilibrio, e co 58 % das capturas totais inferiores á lonxitude do peixe na madurez. Iniciativas de repoboación tiveron lugar en augas portuguesas do arquipélago de Madeira, pero é probábel que se precise unha xestión adicional para evitar que descenda a poboación. Pese a iso, a UICN cualifica a especie, a nivel global, como LC (pouco preocupante).[1]
A nivel europeo, Diplodus cervinus pode ser abundante localmente nas augas europeas, e hai evidencias de que a distribución da especie no Mediterráneo occidental se expandiu nos últimos anos, posibelmente como consecuencia do cambio climático. Existen algunhas evidencias de descensos da poboación nalgúnhas zonas, polo que a UICN recomenda que a especie sexa controlada de cerca, cualificando, porén, o seu status como LC (pouco procupante).
Diplodus cervinus, coñecido en galego como sargo acastañado, é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos perciformes e familia dos espáridos, unha das 23 integradas actualmente (2020) no xénero Diplodus.