A dos cefalocáridos (Cephalocarida) é unha pequena clase de crustáceos que comprende tan só 10 especies bentónicas.[1]
Estas especies están agrupadas na única orde dos braquípodos (Brachypoda), e na súa única familia, a dos hutchisoniélidos (Hutchinsoniellidae),[1] que comprende cinco xéneros.[2]
Foi descuberta en 1955. Non existe rexistro fósil do grupo, aínda que algúns especialistas suxiren un parecido cos crustáceos primitivos.
A anatomía dos cefalocáridos é simple, comparada coa doutros crustáceos (especialmente cos malacostráceos). O seu tamaño é moi pequeno, de entre 2 e 4 mm de lonxitude. O corpo é longo, comprimido na zona cefálica, sen ollos compostos, cun tórax dividido en oito segmentos con apéndices birrámeos, sen maxilípedos, e un abdome con once segmentos, no último dos cales articúlase o telson, pero nom outros apéndices.
O segundo par de maxilas garda semellanza cos apéndices torácicos. Os ollos están incluídos no exoesqueleto, o cal dificulta a súa apreciación.
Os cefalocáridos son todos mariños e bentónicos. Habitan desde a zona intermareal até unha profundidade de 1 500 m, sobre todo tipo de sedimentos. Aliméntanse de detritos mariños, para cuxa captación xeran correntes cos apéndices torácicos, como os branquiópodos.
A clase foi descrita en 1955 polo zoólogo estadounidense Howard L. Sanders especialista en ecoloxía bentónica oceánica, no seu traballo "The Cephalocarida, a new subclass of Crustacea from Long Island Sound". Proceedings of the National Academy of Science 41: 61-66.[3]
Segundo o WoRMS e máis o ITIS, a clasificación dos cefalocáridos, até o nivel de xénero é a seguinte:[3][4]
Os Remipedia e os Cephalocarida forman parte dun clado denominado Xenocarida. Os xenocáridos propuxéronse como o clado irmán dos Hexapoda.[5][6][7]
A dos cefalocáridos (Cephalocarida) é unha pequena clase de crustáceos que comprende tan só 10 especies bentónicas.
Estas especies están agrupadas na única orde dos braquípodos (Brachypoda), e na súa única familia, a dos hutchisoniélidos (Hutchinsoniellidae), que comprende cinco xéneros.
Foi descuberta en 1955. Non existe rexistro fósil do grupo, aínda que algúns especialistas suxiren un parecido cos crustáceos primitivos.