dcsimg

Reno ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O reno ou rena (Rangifer tarandus), tamén chamado caribú (Rangifer tarandus ssp. caribou) en América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito en Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.

O reno presenta dimorfismo sexual, sendo os machos, de ata 300 kg, bastante maiores que as femias. Ambos os sexos teñen galladas, que son máis elaboradas nos machos. A principal fonte de alimentación das renas son liques e herbas rastreiras. Este animais poden, no entanto, comer tamén pequenos paxaros e ovos. O reno ten dentes frontais só no maxilar inferior.

É de grande importancia na economía das poboacións nativas do Ártico como os Inuit e os habitantes de Laponia. Estes pobos domesticaron o reno como fonte de alimento e de peles e animal de tracción. Os renos tamén se cazan nalgúns lugares polos mesmos motivos.

Na cultura popular, a zorra do Papá Noel é tirada por renos.

Notas

  1. Kurtén, Björn (1968). "Pleistocene Mammals of Europe". Transaction Publishers. pp. 170–. ISBN 978-1-4128-4514-4. Consultado o 6 August 2013.
  2. Henttonen, H. & Tikhonov, A. (2008). "Rangifer tarandus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 29 April 2010.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Reno: Brief Summary ( Galician )