O pombo torcaz, pombo, torcaza ou turcacia (Columba palumbus) é unha ave da familia das pombas.
.............
as súas casas son brancas
e unhas pombas asomellan,
sobre un terreo pousadas
no tempo da sementeira.
É unha ave cunha lonxitude entre 38–43 cm, unha envergadura entre 68–77 cm e cun peso de 500 gramos. É meirande cá pomba brava e ten unha cola máis longa. É de cor azul pero destaca nela a mancha branca ó redor do pescozo. O peito e papo son dun ton vermello apagado. En voo chama a atención a presenza dunha raia branca vertical que cruza as ás.
Aliméntase de sementes, bagas e partes brandas das plantas. O seu hábitat son os parques, xardíns e masas forestais próximas ás cidades. En outono e inverno forma grandes grupos.
A cría realizase en Europa entre os meses de abril e setembro. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 16-17 días. Os polos permanecen no niño entre 28-29 días. Pode chegar a criar dúas ou tres veces ó ano. Nidifica nas árbores.
Moi común en toda Europa, no extremo norte de África e en Turquía. No sur de Escandinavia e Rusia está presente só durante a cría. En Galicia esténdese por toda a xeografía sen excepcións.
O pombo torcaz, pombo, torcaza ou turcacia (Columba palumbus) é unha ave da familia das pombas.