dcsimg
Image of Lugworm
Creatures » » Animal » » Segmented Worms » » Lugworms »

Lugworm

Arenicola marina (Linnaeus 1758)

Arenicola marina ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Para a miñoca "de terra" ver Lumbricus terrestris.

Arenicola marina é unha especie de verme anélido poliqueto que vive nas zonas mariñas costeiras. Ten os nomes populares de cagón,[2] cagulo[3] e mangón[4]. Tamén se lle dá o nome de miñoca ou mioca, pero téñase en conta que esa denominación tamén a reciben varios vermes oligoquetos terrestres como Lumbricus terrestris e outros similares[5]. Vive enterrada na area, polo que rara vez se ve, a non ser que se escave para recollela, xa que se utiliza moito como isco para a pesca con anzol, pero si poden verse doadamente as pequenas moreas de area que formou na praia ao defecar area desde o seu túnel. Son depredadas por peixes e aves.

Cando crece ata o seu máximo tamaño esta miñoca mariña chega a ter nas costas europeas ata uns 23 cm de longo e uns 9 mm de diámetro. Ten o corpo segmentado en aneis e unha cabeza vermella anegrada con papilas bucais; a parte intermedia do corpo é máis grosa e vermella, e a cola é máis delgada dunha cor vermella amarelada, pero as cores son variables. Viven uns 6 anos e son maduros sexualmente aos 2 anos.[6] A parte media ten sedas ou quetas todo ao longo da súa parte lateral e tamén pares de branquias plumosas nos 13 últimos segmentos desta rexión. A cola carece de sedas e de branquias. Presenta un sistema ben desenvolvido de vasos sanguíneos que levan un sangue vermello co pigmento hemoglobina transportador de oxíxeno.[7] Ademais dos vasos ventral e dorsal típicos dos anélidos, Arenicola presenta tamén un vaso sanguíneo supraneural conectado co vaso ventral. Nalgunhas zonas ten cámaras pulsátiles para impulsar o sangue, pero non son verdadeiros corazóns.[8] Ten o nefridio (excreción) e o gonoduto completamente unidos. O número de segmentos ou aneis externos non se corresponde co número de somitas internos. Arenicola ten seis somitas xenitais (outros poliquetos teñen moitos máis).[8]

Forma de vida

 src=
Deposición de area de A. marina na rama do túnel correspondente ao ano do animal, e ao lado vese o buraco da rama do túnel onde está a cabeza.

Estes vermes viven enterrados dentro dun túnel con forma de U que escavan na area ou lama da costa. Estes túneles en U fanos escavando unha galería con forma de L tapizada de moco, desde onde escavan outra rama vertical cara arriba que chega á superficie, onde está a parte da cabeza do animal. Visto desde a superficie a rama do túnel onde está a cabeza deixa na area unha pequena depresión con forma de pratiño; e a abertura do túnel onde está a parte da cola, situada a uns 6 cm do anterior, está sinalada por un amontoamento de area con forma enroscada de espagueti (ver foto) formado pola area que o animal tragou e despois expulsou. A Arenicola sitúase na súa galería coa súa cabeza descansando na base da rama ascendente do tunel (ou "da cabeza"), tragando area de cando en vez e alimentándose dos detritos orgánicos e microorganismos que van coa area. Isto fai que a columna de area baixe lixeiramente, polo que a area da depresión con forma de pratiño da superficie está a afundirse periodicamente. Unha vez que se enterra na area a Arenicola raramente abandona o seu túnel, no que pode permanecer durante semanas, cambiando ás veces lixeiramente de posición. Pero o animal tamén pode abandonar o túnel e volver despois a reentrar na area facendo un túnel novo. Na boca ten unha probóscide (farinxe) evaxinable cunha superficie glandular adhesiva para recoller partículas. Ten un estómago diferenciado con mucosa glandular moi desenvolvida, mentres que a súa mucosa intestinal case non ten células glandulares.[8] Cando escava o túnel por primeira vez a miñoca mariña abranda a area da rama "da cabeza" do túnel empurrándoa coa súa cabeza como un pistón. A cantidade de area que moven as Arenicola nas zonas costeiras é enorme: escavan os 50–60 cm superficiais e chegan a remover unha 3800 toneladas de area por hectárea e ano, tragando area durante unhas 5 a 8 horas diarias.[8] Posúen estatocistos, que son órganos do equilibrio, que lles permiten saber a posición do corpo e enterrarse cabeza abaixo.[9]

 src=
Moreíñas de area nunha praia creadas por A. marina vistas durante a marea baixa.

Reprodución

O animal ten sexos separados, e a fecundación ten lugar na auga[10]. Durante un par de días a principios de outubro todas as A. marina liberan os seus ovos e espermatozoides durante a marea baixa. Isto parece que está sincronizado por sinais químicos.[11] Os machos soltan o esperma en charcos na area, que é levado pola marea, e as femias poñen os ovos no túnel, a onde as correntes arrastran os espermatozoides e ten lugar a fecundación. Os ovos están nunha masa xelatinosa e a larva inicia o seu desenvolvemento nas galerías onde están os ovos, pero despois saen e son levadas pola marea.[6][12] Despois, as larvas forman inicialmente un tubo xelatinoso ancorado ao substrato por un extremo, do que finalmente saen cando medran ata ter uns 12 segmentos no corpo e empezan a parecerse aos adultos. Entón, escavan na area, xeralmente nunha zona máis alta da praia que os adultos, e gradualmente van mudándose a zonas máis baixas conforme se fan adultos.

Especies parecidas

Recentemente creouse a especie Arenicola defodiens separándoa de A. marina, xa que se diferencian na morfoloxía das branquias, nos aneis, tamaño, galería, polimorfismo xenético, cor máis escura e outras características (Cadman & Nelson-Smith, 1993 [13][14])[15].

Notas

  1. World Register of Marine Species
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cagón.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cagulo.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mangón.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miñoca.
  6. 6,0 6,1 EOL encyclopedia of life
  7. Marine Species Identification Portal
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 P. A: Meglitsch. Zoología de Invertebrados. Pirámide. 1986. Páxina 406 e ss., 424 e ss. ISBN 84-368-0316-7.
  9. Ruppert, E.E. & Barnes, R.D (1991) 'Invertebrate Zoology' 6th Ed. Saunders College Publishing
  10. Marinebio Lugworm
  11. Jörg D. Hardege, Matthew G. Bentley. Spawning synchrony in Arenicola marina: evidence for sex pheromonal control. Proceedings of the Royal Society. [1]
  12. Fish, J.D. and Fish, S. (1996) A student's guide to the seashore. Second Edition. Cambridge University Press, Cambridge.
  13. Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom
  14. World Polychaeta database
  15. MarLIN The Marin Life Information Network

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Arenicola marina: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Para a miñoca "de terra" ver Lumbricus terrestris.

Arenicola marina é unha especie de verme anélido poliqueto que vive nas zonas mariñas costeiras. Ten os nomes populares de cagón, cagulo e mangón. Tamén se lle dá o nome de miñoca ou mioca, pero téñase en conta que esa denominación tamén a reciben varios vermes oligoquetos terrestres como Lumbricus terrestris e outros similares. Vive enterrada na area, polo que rara vez se ve, a non ser que se escave para recollela, xa que se utiliza moito como isco para a pesca con anzol, pero si poden verse doadamente as pequenas moreas de area que formou na praia ao defecar area desde o seu túnel. Son depredadas por peixes e aves.

Cando crece ata o seu máximo tamaño esta miñoca mariña chega a ter nas costas europeas ata uns 23 cm de longo e uns 9 mm de diámetro. Ten o corpo segmentado en aneis e unha cabeza vermella anegrada con papilas bucais; a parte intermedia do corpo é máis grosa e vermella, e a cola é máis delgada dunha cor vermella amarelada, pero as cores son variables. Viven uns 6 anos e son maduros sexualmente aos 2 anos. A parte media ten sedas ou quetas todo ao longo da súa parte lateral e tamén pares de branquias plumosas nos 13 últimos segmentos desta rexión. A cola carece de sedas e de branquias. Presenta un sistema ben desenvolvido de vasos sanguíneos que levan un sangue vermello co pigmento hemoglobina transportador de oxíxeno. Ademais dos vasos ventral e dorsal típicos dos anélidos, Arenicola presenta tamén un vaso sanguíneo supraneural conectado co vaso ventral. Nalgunhas zonas ten cámaras pulsátiles para impulsar o sangue, pero non son verdadeiros corazóns. Ten o nefridio (excreción) e o gonoduto completamente unidos. O número de segmentos ou aneis externos non se corresponde co número de somitas internos. Arenicola ten seis somitas xenitais (outros poliquetos teñen moitos máis).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician