dcsimg

Fragilariophyceae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Fragilariophyceae é un grupo das diatomeas pennadas sen rafe[1]. Son de células alongadas con, polo común, simétricas en cando menos dous planos, un dos cales é o plano pervalvar. O padrón de estrías é bilateral, orientado ao longo da costa (o esternum), pero sempre sen rafe. Poden ter costas e septas e sempre presentan rimopórtulos[2].

Moitos xéneros dentro desta clase teñen moitos plastidios pequenos e discoidais por debaixo da cuberta da valva; aínda que algúns teñen só un ou dous ou moi poucos. Algúns xéneros teñen filas de pequenas espiñas na unión da cara da valva e o manto, o que lle permite as células que se emparellan formar colonias filamentosas. Porén algúns taxons tamén forman colonias en zig-zag ou colonias estelares ao segregaren mucus a través de poros apicais ou clústers radiais[2].

Notas

  1. "Fragilariophyceae". NCBI Taxonomy Browser (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 "Common Freshwater Diatoms of Britain and Ireland" (en inglés). (require subscrición (?)).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Fragilariophyceae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Fragilariophyceae é un grupo das diatomeas pennadas sen rafe. Son de células alongadas con, polo común, simétricas en cando menos dous planos, un dos cales é o plano pervalvar. O padrón de estrías é bilateral, orientado ao longo da costa (o esternum), pero sempre sen rafe. Poden ter costas e septas e sempre presentan rimopórtulos.

Moitos xéneros dentro desta clase teñen moitos plastidios pequenos e discoidais por debaixo da cuberta da valva; aínda que algúns teñen só un ou dous ou moi poucos. Algúns xéneros teñen filas de pequenas espiñas na unión da cara da valva e o manto, o que lle permite as células que se emparellan formar colonias filamentosas. Porén algúns taxons tamén forman colonias en zig-zag ou colonias estelares ao segregaren mucus a través de poros apicais ou clústers radiais.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician