dcsimg
Image of wild angelica
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Umbellifers »

Wild Angelica

Angelica sylvestris L.

Anxélica brava ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A anxélica brava (Angelica sylvestris) é unha especie da familia das umbelíferas, nativa do oeste e norte de Europa, Laponia, Groenlandia, países escandinavos e Rusia. Aparece tamén nos Alpes, Pireneos, Apeninos e o Cáucaso.

Descrición

De 1 a 2 m de altura. A súa raíz que é bianual, é moi carnosa, máis ben longa e grosa e ascende dela un talo groso, acanalado, fistuloso, ramificado e articulado, de cor purpúrea. As follas son grandes, pinnadas, con folíolos de bordos serrados, lanceolados-ovalados e agudos e con pecíolos envolventes. As flores son dunha cor amarela averdada e se dispoñen en grandes umbelas de 30 a 40 flores que, cando madurecen, convértense nunhas umbeliñas máis miúdas porén máis compactas.

Historia

Do grego anghelos, anxo, polas súas virtudes. Na zona do Val de Arán e en Le Couserans (Pireneos), os talos floridos pendurábanse do teito para afastar da casa os maos espíritos. A raíz usábase como amuleto polos xogadores. Considerouse un talismán para os cativos.[1]

Propiedades

Principios: Aceite esencial, ácido anxélico, resina, tanino, pectina. Na esencia identificouse: felandreno, furfurol, alcois metílico e etílico. As follas teñen un 1%. A densidade oscila do 0,8 al 0,9, sendo solúbel en tres volumes de alcol a 90°.[1]

Indicacións: é recendente, carminativo, emenagogo, antiespástico, anafrodisíaco.[1]

Pode provocar fotosensibilización e dermatite de contacto. A doses elevadas deprime o sistema nervioso central.

Úsanse a raíz e as sementes. Apáñase en setembro, de preferencia exemplares de solos secos, que teñen maior riqueza nos seus principios activos.[1]

Outros usos: as sementes esmagadas úsanse coma insecticida. Os talos queimados nas brasas, ceiban un fume recendente que disque provoca estados visionarios ao alentalo.[1]

Taxonomía

Angelica sylvestris foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 251. 1753.[2]

Etimoloxía

Angelica: nome xenérico que deriva do latín para "angelical", en referencia ás propiedades medicinais da planta, que se di que foi revelada a un monxe por un anxo que lle dixo que era unha cura para unha praga.[3]

sylvestris: epíteto que significa "que medra bravo".[4]

Sinonimia

Nome común

  • Galego:anxélica brava, herba dos lazarosos, herba da raña, herba da sarna[7].

Galería de imaxes

Detalles da planta:

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Angelica sylvestris". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2011. Consultado o 26 de ouctubro de 2009.
  2. "Anxélica brava". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de outubro de 2012.
  3. En Nomes Botánicos
  4. En Epítetos Botánicos
  5. Sinónimos en Real Xardín Botánico Español
  6. Anxélica brava en PlantList
  7. Nomes vulgares galegos en "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Plantas para el futuro: [1]
  2. Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, New York.
  3. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York.
  4. Scoggan, H. J. 1979. Dicotyledoneae (Loasaceae to Compositae). Part 4. 1117–1711 pp. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Anxélica brava: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A anxélica brava (Angelica sylvestris) é unha especie da familia das umbelíferas, nativa do oeste e norte de Europa, Laponia, Groenlandia, países escandinavos e Rusia. Aparece tamén nos Alpes, Pireneos, Apeninos e o Cáucaso.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician