A trilladeira dos prados (Microtus agrestis) é unha especie de roedor da familia Cricetidae amplamente distribuída por Europa e algunhas zonas de Asia.
De tamaño mediano e de aspecto robusto. A lonxitude da cabeza e do corpo varía entre 9,5 e 13,3 cm, e o rabo entre 2,5 a 4,4 cm. Pesa entre 20 e 51 g. O fociño é bastante romo, cunha coa cola relativamente curta, externamente ten unha morfoloxía moi similar á da trilladeira pataqueira, (Microtus arvalis), da que é difícil de distinguir, o pelo é máis mesto e máis longo e máis escuro, e as orellas son máis peludas tamén na trilladeira dos prados. A pelaxe é parda cinsenta no dorso cos flancos máis pálidos, chegando a ser amarelados; o pescozo, o ventre e as patas son grises e a cola presenta unha coloración máis escura.
O súa voz é un chillido débil e baixo, aínda que tamén emite unha serie de sons con chisquidos.[2]
Espallado por toda a rexión euroasiática, desde o norte da Península Ibérica até Siberia, o río Lena, o lago Baikal e o noroeste da China. En Europa falta en Irlanda, Italia e Grecia, así como en toda a zona de clima mediterráneo. En España esténdese polo terzo setentrional, nunha franxa que abrangue os Pireneos, a Cornixa Cántabrica, Serra de la Demanda, Galiza e zona norte de Castela e León. Tamén se atopa no sur de Galiza, por Portugal, chegando até Lisboa, Serra da Estrela e a Serra de Gata, en Salamanca e Cáceres.
Fundamentalmente encóntrase en pradarías de prados de herba espesa con pouca ou nula presión de pastoreo cun clima centroeuropeo, e, aínda que menos que a corta rubia, (Myodes glareolus), ocupa tamén plantacións forestais de árbores novas con substrato herbáceo desenvolto, sendo moi frecuente en zonas montañosas e boscosas. A cobertura espesa de gramíneas é unha das condicións ideais para a especie. Na Península Ibérica localízase desde o nivel do mar até altitudes superiores aos 1.600 metros.
É presa de diferentes carnívoros, sobre todo mustélidos e o gato montés (Felis silvestris), así como de aves rapaces. Na Península Ibérica pode chegar a ocasionar problemas puntuais para a agricultura, pero nunca como a trilladeira pataqueira.
En Escandinavia, pode actuar como reservorio da tiña e a leptospirose.
A trilladeira dos prados (Microtus agrestis) é unha especie de roedor da familia Cricetidae amplamente distribuída por Europa e algunhas zonas de Asia.