Dendrogale é un xénero de mamíferos placentarios da orde dos escandentios e familia dos tupaíidos.[1]
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1848 polo naturalista inglés John Edward Gray, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1848: 23.[1]
Etimoloxía
O nome científico Dendrogale está formado polo elemento do latín científico dendro-, tirado do grego antigo δένδρον déndron, 'árbore', e a palabra grega γαλῆ galẽ, 'donicela'. Literalmente, 'donicela das árbores'.[2]
Clasificación
Na actualidade recoñécense no xénero as especies e subespecies seguintes:[1][3][4][5][6]
-
Xénero Dendrogale Gray, 1848
-
Dendrogale melanura (Thomas, 1892)
-
Dendrogale melanura melanura Thomas, 1892
-
Dendrogale melanura baluensis Lyon, 1913
-
Dendrogale murina (Schlegel & Müller, 1843)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
- Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. New York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.
Outros artigos