Chamaeleo é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, o tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos.
O xénero comprende numerosas especies, a maioría delas distrubídas na África subsahariana, pero algunhas tamén están presentes no norte de África, no sur de Europa e no sur de Asia oriental, até a India e Sri Lanka.
O xénero foi descrito en 1768 polo médico e naturalista austriaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra Specimen Medicum, Exhibens Synopsin Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena, sobre a función do veleno nos réptiles e anfibios. Neste importante libro sobre herpetoloxía definiu trinta xéneros de réptiles, mentras que na 10ª edición do Systema Naturae, de Linnaeus, publicada en 1758, definíanse só dez xéneros.
O nome científico Chamaeleo deriva do latín chămaelĕōn,[2] tirado do grego antigo χαμαιλέων chamailéōn,[2][3] voz formada polos elementos χαμαί chamaí, "en terra", "polo chan", e λέων léōv, "león".[3] Literalmente: "león da terra".
Chamaeleo é o xénero tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos. Moitos xéneros desta subfamilia (Bradypodion, Calumma, Furcifer, Kinyongia, Nadzikambia e Trioceros) estiveron no pasado incluídos en Chamaleo, pero agora considéranse xéneros distintos.
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
Na actualidade reoñécense no xénero as 14 especies seguintes:[5]
As especies do Chamaeleo son de movementos lentos, e poden mover os ollos de maneira independente. Poden cambiar de cor. Teñen unha ligua longa e unha cola prénsil. Os machos son xeralmente máis grandes e coloridos que as femias. Adoitan medir entre 15 e 40 cm (sen contar a cola).
A gran maioría son arborícolas e poden ser encontrados normalmente en árbores e arbustos, pero hai algunhas especies, como Chamaeleo namaquensis, que son principalmente terrestres. Todas as especies son ovíparas.