dcsimg

Macromia splendens ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Macromia splendens é unha especie de odonato anisóptero da familia Corduliidae endémica do sur de Francia e a Península Ibérica.

Descrición

Trátase do maior cordúlido europeo, podendo alcanzar os 70 mm. O tórax é de cor verde metálico con manchas amarelas dorsais sobre fondo negro no abdome. Tende a pousarse colgando das pólas das árbores, en claros ou camiños forestais.

Distribución

Trátase dunha reliquia que sobreviviu ás glaciaciones. Aínda que o xénero Macromia habita principalmente en áreas de clima tropical, das 112 especies recoñecidas só M. splendens se atopa no continente europeo.

A área de distribución desta especie limítase ó extremo sur e suroeste de Francia, centro e sur de Portugal; en España, aínda que se trata dunha especie rara e moi localizada, atópase en Galicia, Asturias, Estremadura, Cádiz e Málaga nunha altitude non superior ós 500-600 metros.

Hábitat

Habita en ríos anchos e algo profundos, nos treitos lentos que permiten a deposición do sedimento e o crecemento da vexetación acuática, en tramos asollados e cuxas beiras están ocupadas por vexetación de ribeira.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Macromia splendens: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Macromia splendens é unha especie de odonato anisóptero da familia Corduliidae endémica do sur de Francia e a Península Ibérica.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician