A dos egópsidos (Oegopsida), tamén coñecidos antigamente por oigópsidos (Oigopsida),[3][4] é unha orde de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes,[1] ou decápodos, que constitúe, co seu grupo irmán, o dos miópsidos, os cefalópodos coñecidos na bibliografía internacional como "luras".
O grupo comprende numerosas especies abisais, entre elas varias de luras xigantes.
Os egópsidos son un luras peláxicas, con algunhas especies nerito-oceánicas asociadas a montes submarinos.[5]
Unha característica distintiva con respecto aos miópsidos é que teñen un burato na córnea que pon en comuncación co exterior a cámara anterior do ollo. As femias presentan dous ovidutos.[6]
A orde foi descrita en 1845 polo naturalista francés Alcide d'Orbigny.
O termo Oegopsida está formado polos elementos do latín científico oeg-, tirado do grego antigo οίγω oígō, 'abrir', e -opsida, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo'. Literalmente: 'os de ollos abertos', aludindo ao burato que teñen na córnea dos ollos.
Segundo o WoRMS, a orde comprende as seguintes familias:[1]
Para algúns autores, o grupo é unha suborde da orde dos téutidos (Teuthida), co nome de Oegopsina.[7] Porén, Teuthida é un nomen dubium, que inclúe [Myopsida + Oegopsida], pero non está demostrado que formen un clado.[8]
A dos egópsidos (Oegopsida), tamén coñecidos antigamente por oigópsidos (Oigopsida), é unha orde de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes, ou decápodos, que constitúe, co seu grupo irmán, o dos miópsidos, os cefalópodos coñecidos na bibliografía internacional como "luras".
O grupo comprende numerosas especies abisais, entre elas varias de luras xigantes.