dcsimg

Hámster ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Hámster Hamster.jpg Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Subfilo: Vertebrata Clase: Mammalia Orden: Rodentia Suborden: Ciurognati Superfamilia: Miomorfa Familia: Cricetidos

Un hámster é un roedor pequeno. Existen moitas especies distintas, a maioría distinguidas polas bolsas expandibles sobre as meixelas, as cales van desde as meixelas ata os ombros. Son roedores pertencentes á subfamilia dos múridos (Muridae). As distintas especies agrúpanse en varios xéneros entre os que destacan Cricetus, Mesocricetus e Phodopus.

A maioría dos hámsters encontrados en tendas de mascotas son hámsters sirios. Os hámsters foron empregados en investigaciones científicas para o estudo de múltiples enfermidades.

Descubrimento do hámster sirio

En 1839, o zoólogo británico George Waterhouse achou un hámster en Siria, chamándoo Cricetus auratus, ou hámster dourado. A pel do hámster estivo en exposición nun museo británico. O hámster sirio foi ignorado pola ciencia europea durante século seguinte. Ó redor do ano 1930, o zoólogo e profesor da universidade de Xerusalén Aharoni encontrou unha nai e crías de hámster no deserto sirio. Para cando regresó ó seu laboratorio, a maioría escaparan ou morreran. Os hámsters remanentes foron doados á Universidade de Xerusalén, onde foron criados con éxito. Debido a que eran levemente maiores en tamaño ós encontrados por Waterhouse chamóuselles Mesocricetus auratus, inda que posiblemente se tratase da mesma especie. Mesocricetus aratus é o nome científico actual do hámster sirio.

 src=
Hámster
 src=
O hámster é un roedor

Tipos de hámsters

De acordo coa sóa cor os hámsters poden ser de distintos tipos:

  • Dourado
  • Dourado con ventre branco
  • Moteado
  • Crema con ollos negros
  • Crema con ollos vermellos
  • Crema con ollos rubí
  • Leonado con ojos rubí
  • Amarelo escuro
  • Canela con vientre blanco
  • Canela leonado
  • Chinés
  • Branco con ollos negros
  • Albino con orellas escuras
  • Albino con orells cor carne
  • Sepia
  • Branco con ollos pechados
  • Mosaico
  • Branco amarelo e ouro
  • Mel
  • Ruso
  • Azul prata
  • Franxa branca

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Hámster: Brief Summary ( Galician )