O raposo gris (Urocyon cinereoargenteus) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos cánidos distribuída polo continente americano, dende o sur do Canadá até Venezuela. Nalgúns lugares de Hispanoamérica é coñecido como tigrillo, ostoche ou gato de monte, debido ós seus longos bigotes máis propios dun felino que dun cánido. Trátase dunha das dúas especies actuais agrupadas dentro do xénero Urocyon, sendo a outra o raposo gris das illas. Algúns cánidos do género Lycalopex que habitan no cono sur americano tamén son chamados ás veces raposos grises, pero non están emparentados de forma estreita con esta especie.
O tamaño é semellante ó do coiote, mais teñen numerosos diferenzas morfolóxicas. O raposo gris ten o fociño máis curto e agudo, as orellas máis desenvolvidas e as patas proporcionalmente máis curtas. A cola é longa e espesa, moi poboada. A pelaxe é gris escura ou prateada no lombo, volvéndose avermellada nos costados e as patas e branca no ventre. Unha banda de pelo negro cruza o corpo dende a caluga até a punta da cola, seguindo todo o lombo do animal. A gorxa é branca e aprécianse dúas raias finas de pelo negro que parten dende os ollos cara a atrás.