As begonias[2] son as diferentes especies vexetais do xénero Begonia , xénero que comprende arredor de 1500 especies, das que arredor de 150, ademais de case 10 000 variedades e híbridos, comercialízanse para o seu uso en xardinaxe. Son oriúndas das rexións tropicais e subtropicais de América, África e Asia. O único outro membro da familia Begoniaceae é Hillebrandia, un xénero cunha soa especie nas illas Hawai, e o xénero Symbegonia que recentemente incluíuse en Begonia.
O apelativo do xénero, acuñado por Charles Plumier, un referente francés en botánica, honra a Michel Bégon, un gobernador da ex Colonia francesa de Haití, e foi adoptado por Carl von Linné.
Son plantas terrestres (ás veces epífitas) herbáceas, con talos acuosos, algunhas de porte semiarbustivo ou incluso pequens árbores e outras rubideiras, perennes agás en climas fríos, onde a parte aérea da planta morre. As flores son moi diversas tanto en forma e tamaño como en cor; son unisexuais, a masculina contén numerosos estames, a feminina posúe un ovario inferior con 2 ou 4 estigmas ramificados. O froito é unha cápsula alada que contén gran cantidade de diminutas sementes. As follas son asimétricas e ao igual que as flores, difiren moito dunha a outra especie, desde variadas como as de Begonia brevirimosa a verde brillante en Begonia ulmifolia.
Distínguense 3 grupos básicos, dependendo da raíz:
Algunhas especies de begonias cultívanse polo seu atractiva follaxe máis que polas súas flores: son moi fermosas
posúe bonitas follas en forma de corazón, finamente engurradas, de cor verde amarelado e cun debuxo interior en marrón escuro moi sinalado.
Os diferentes grupos teñen distintos requisitos de cultivo, pero a maioría precisan temperaturas cálidas, sombra lixeira (poucas aturan o sol directo), solo ben drenado que non estea constantemente húmido, mais que tampouco se deixe enxugar completamente. Moitas das especies medran e florean durante todo o ano, aínda que as tuberosas normalmente teñen un período letárxico durante o cal os tubérculos se poden tirar e gardar nun local fresco e seco.
A maioría das especies propáganse facilmente por división ou esgallos de talo e folla, ou incluso fragmentos dunha folla. En especial os membros do grupo de rizomatosas.
Doenzas: Araña vermella, oídio.
As begonias son as diferentes especies vexetais do xénero Begonia , xénero que comprende arredor de 1500 especies, das que arredor de 150, ademais de case 10 000 variedades e híbridos, comercialízanse para o seu uso en xardinaxe. Son oriúndas das rexións tropicais e subtropicais de América, África e Asia. O único outro membro da familia Begoniaceae é Hillebrandia, un xénero cunha soa especie nas illas Hawai, e o xénero Symbegonia que recentemente incluíuse en Begonia.
O apelativo do xénero, acuñado por Charles Plumier, un referente francés en botánica, honra a Michel Bégon, un gobernador da ex Colonia francesa de Haití, e foi adoptado por Carl von Linné.