dcsimg

Euarcontos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O dos euarcontos (Euarchonta) é un clado de mamíferos placentarios que comprende catro ordes: as dos dermópteros, os escandentes, os primates e os extintos plesiadapiformes. Tamén inclúe a extinta familia basal dos Adapisoriculidae.[1]

O termo Euarchonta xurdiu por primeira vez na literatura científica en 1999 cando evidencias moleculares suxiren que se debría separarar aos Chiroptera do obsoleto clado dos Archonta.

Recentes investigacións moleculares

Importantes análises das secuencias de ADN nuclear (Murphy et al., 2001) apoian a hipótese de Euarchonta, mentres que outro importante estudo de investigación de secuencias de ADN mitocondrial apoian un tipo de árbore filoxenética diferente (Arnason et al., 2002).[2] Pero un estudo sobre a presenza/ausencia de retrotransposóns deron un forte apoio a Euarchonta (Kriegs et al., 2007).[3]

Algunhas interpretacións de datos moleculares ligan a Primates e Dermoptera nun clado (mirorde) coñecido como Primatomorpha, que sería irmán de Scandentia. Para algúns investigadores Dermoptera sería o grupo máis próximo aos Primtes. Outras interpretacións vinculan a Dermoptera e Scandentia para situalos xuntos nun grupo chamado Sundatheria como irmán do grupo dos primates.

Outras análises filoxenéticas suxiren que Dermoptera e Scandentia forman un clado, Sundatheria, irmán de Primates.[4]

Características

Entre outras, os machos teñen a característica de teren un pene externo pendurando, porque non está soldado ao abdome en toda a súa lonxitude.

Taxonomía

Etimoloxía

O termo Euarchonta, que significa literalmente "os verdadeiros antepasados", deriva do nome científico Archonta precedido do elemento eu-, derivado do correspondente do grego antigo εύ- eú-, do adverbio έῧ éû, "ben", "verdadeiro".

Pola súa parte Archonta é un plural neutro derivado do grego antigo ἅρχων árchon, "o xefe", "o primeiro".

Filoxenia

A hipótese actual, baseada en evidencias do reloxo molecular, suxiere que os Euarchonta apareceron no período cretáceo, hai uns 88 millóns de años (MA) e que diverxeron hai uns 86,2 MA para formar os grupos Scandentia e Primatomorpha. Este último diverxeu hai uns 79,6 MA dando lugar ás ordes dos Primates e os Dermoptera.[5]

Cladograma

Euarchontoglires Glires

Rodentia

   

Lagomorpha

    Euarchonta

Scandentia

Primatomorpha

Dermoptera

     

Plesiadapiformes

   

Primates

         

Porén, a especie fósil máis antiga que pode atribuírse con confianza a Euarchonta (Purgatorius coracis) data do paleoceno temperán, hai 65 MA.[6]

Notas

  1. Smith, Thierry; Bast, Eric; Sigé, Bernard (2010). "Euarchontan affinity of Paleocene Afro-European adapisoriculid mammals and their origin in the late Cretaceous Deccan Traps of India". Naturwissenschaften 97 (4): 417–22.
  2. Arnason, Ulfur et al. «Mammalian mitogenomic relationships and the root of the eutherian tree». Proceedings of the National Academy of Science 99: 8151-8156.
  3. Jan Ole Kriegs, Gennady Churakov, Jerzy Jurka, Jürgen Brosius, and Jürgen Schmitz (2007): «Evolutionary history of 7SL RNA-derived SINEs in Supraprimates» Arquivado 03 de agosto de 2007 en Wayback Machine.. Trends in Genetics 23 (4): 158-161.
  4. Maureen A. O'Leary, Jonathan I. Bloch, John J. Flynn, Timothy J. Gaudin, Andres Giallombardo, Norberto P. Giannini, Suzann L. Goldberg, Brian P. Kraatz, Zhe-Xi Luo, Jin Meng, Xijun Ni, Michael J. Novacek, Fernando A. Perini, Zachary S. Randall, Guillermo W. Rougier, Eric J. Sargis, Mary T. Silcox, Nancy B. Simmons, Michelle Spaulding, Paúl M. Velazco, Marcelo Weksler, John R. Wible, and Andrea L. Cirranello. (2013): «The Placental Mammal Ancestor and the Post–K-Pg Radiation of Placentals». Science: 662-667.
  5. Jan E. Janecka, Webb Miller, Thomas H. Pringle, Frank Wiens, Annette Zitzmann, Kristofer M. Helgen, Mark S. Springer und William J. Murphy (2007): «Molecular and Genomic Data Identify the Closest Living Relative of Primates». En: Science. 318. 2007: 792-794.
  6. O'Leary, M. A. et al (2013): «The placental mammal ancestor and the post–K-Pg radiation of placentals.» (Resume) Science, 339 (6120): 662-667.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Kriegs, J. O. et al. (2007): "Evolutionary history of 7SL RNA-derived SINEs in Supraprimates". Trends Genet. 23 (4): 158–161.
  • Madsen, O.; Scally, M.; Douady C. J. et al. (2001): "Parallel adaptive radiations in two major clades of placental mammals". Nature 409 (6820): 610–614.
  • Murphy, W. J. et al. (2001): "Molecular phylogenetics and the origins of placental mammals". Nature 409 (6820): 614–618.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Euarcontos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O dos euarcontos (Euarchonta) é un clado de mamíferos placentarios que comprende catro ordes: as dos dermópteros, os escandentes, os primates e os extintos plesiadapiformes. Tamén inclúe a extinta familia basal dos Adapisoriculidae.

O termo Euarchonta xurdiu por primeira vez na literatura científica en 1999 cando evidencias moleculares suxiren que se debría separarar aos Chiroptera do obsoleto clado dos Archonta.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician