dcsimg
Image of Alphitonia zizyphoides A. Gray
Creatures » » Plants » » Dicotyledons »

"Order: Roses, Figs, Nettles & Relatives"

Rosales

Rosales ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A Orde Rosales é un taxon incluído na subclase Rosidae, clase Magnoliopsida, segundo Cronquist. Rosales é a orde superior á familia Rosaceae (rosáceas).

É unha das ordes máis importantes pola variedade e diversidade dos individuos que agrupa. Está composto por case 8.000 especies segundo APG II. Rosales está en constante revisión (como outros taxons) e as familias emparentadas cambian a miúdo de taxon en función dos criterios de categorización, facendo variar o número de especies incluídas nos grupos.

O grupo raíz de Rosales ten unha antigüidade aproximada de 89 a 88 millóns de anos, e a diverxencia do grupo capital comeza fai uns 76 millóns de anos. O taxón Rosales contén case un 2% de diversidade das "eudicotas".

Características

O taxon Rosales caracterízase por:

  • presenza de Dihidroflavonois
  • cristais prismáticos en células radiadas (negativos en Berbeyaceae e Eleagnaceae)
  • simbioses (infección intracelular da epiderme radicular) con Frankia, un actinomiceto gram . (A fixación de nitróxeno particularmente en Fabaceae involucra a alfa-proteobacterias gramnegativas, e a infección por Frankia é por pelos radicais)
  • presenza de células mucilaxinosas
  • marxes das follas serrados
  • inflorescencia cimosa
  • presenza de hipantio nectarífero
  • estigma seco
  • Cáliz e/ou hipantio persistente no froito

Familias en Rosales

Clasificación tradicional

A seguinte lista mostra a categorización clásica de Cronquist (1981) que agrupa a 24 familias (primeira columna en letra grosa) dentro de Rosales. á beira de cada familia, a reagrupación filogenética (→ segunda columna) segundo APG-II cando corresponde.

  1. Rosaceae, é a única familia que perdura na Orde Rosales (obviamente, a familia distintiva do taxón Rosales).
  2. Alseuosmiaceae → orde Asterales
  3. Anisophylleaceae → orde Cucurbitales
  4. Brunelliaceae → orde Oxalidales
  5. Bruniaceae → non situada, posible preto de Asterales?.
  6. Byblidaceae → orde Lamiales
  7. Cephalotaceae → orde Oxalidales
  8. Chrysobalanaceae → orde Malpighiales
  9. Columelliaceae → non situada, posible preto de Dipsacales?
  10. Connaraceae → orde Oxalidales
  11. Crassulaceae → orde Saxifragales
  12. Crossosomataceae → familia distintiva da orde Crossosomatales
  13. Cunoniaceae = Davidsoniaceae = Eucryphiaceae → orde Oxalidales
  14. Dialypetalanthaceae → familia Rubiaceae, orde Gentianales
  15. Greyiaceae → familia Melianthaceae, orde Geraniales
  16. Grossulariaceae → orde Saxifragales
  17. Hydrangeaceae → orde Cornales
  18. Neuradaceae → orde Malvales
  19. Pittosporaceae → orde Apiales
  20. Rhabdodendraceae → orde Caryophyllales
  21. Saxifragaceae → familia distintiva da orde Saxifragales
  22. Surianaceae → orde Fabales

Clasificación filoxenética

A seguinte lista mostra a "nova" clasificación filoxenética das familias dentro de Rosales segundo o APG-II (2003). A Orde Rosales "reclasificado" inclúe 9 familias, con 261 xéneros e aproximadamente 7725 especies.

  1. Barbeyaceae Rendle
  2. Cannabaceae Martynov
  3. Dirachmaceae Hutchinson
  4. Elaeagnaceae Jussieu
  5. Moraceae Link
  6. Rhamnaceae Jussieu
  7. Rosaceae Jussieu
  8. Ulmaceae Mirbel
  9. Urticaceae Jussieu

Rosaceae é a familia cardinal do taxon, representa un 37% dos Rosales, con 95 xéneros e aproximadamente 2830 especies. Rosaceae e Urticaceae son as familias máis numerosas e representan máis do 70% das especies do taxón Rosales (logo Moraceae con 14% e Rhamnaceae con 12%).

Cladograma esquemático representando a relación filética das familias de roseiras:

Orde Rosales

Rosaceae

    §  

Barbeyaceae

  §  

Dirachmaceae

   

Rhamnaceae

   

Elaeagnaceae

         

Ulmaceae

     

Cannabaceae

     

Moraceae

   

Urticaceae

           
  • §: implica ramas con consistencia < 50% ou amplamente morfoloxía. Todas as outras ramas teñen unha consistencia> 80%.
  • 9 familias, 261 xéneros, 7725 especies.

Relacións da orde Rosales

Agrupación de Cronquist

Outras ordes clasicamente relacionadas co taxón Rosales (Cronquist, 1981), agrupados baixo a Subclase Rosidae:

Relación filética do APG

Outras ordes actualmente relacionadas co taxón Rosales (APG-II), reagrupados noutras categorías superordinadas:

NÚCLEO DE EUDICOTAS

O taxon Fabales é o máis próximo filoxenéticamente a Rosales, séguenlle Cucurbitales e Fagales (todos son Eurósidas tipo I).

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Rosales: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A Orde Rosales é un taxon incluído na subclase Rosidae, clase Magnoliopsida, segundo Cronquist. Rosales é a orde superior á familia Rosaceae (rosáceas).

É unha das ordes máis importantes pola variedade e diversidade dos individuos que agrupa. Está composto por case 8.000 especies segundo APG II. Rosales está en constante revisión (como outros taxons) e as familias emparentadas cambian a miúdo de taxon en función dos criterios de categorización, facendo variar o número de especies incluídas nos grupos.

O grupo raíz de Rosales ten unha antigüidade aproximada de 89 a 88 millóns de anos, e a diverxencia do grupo capital comeza fai uns 76 millóns de anos. O taxón Rosales contén case un 2% de diversidade das "eudicotas".

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician