dcsimg

Uapití ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O uapití[2] (Cervus canadensis) é unha das especies de cérvidos meirandes do mundo e un dos mamíferos máis grandes de América do Norte e do leste de Asia. Da súa familia, só o alce, Alces alces, é máis grande, e o sambar (Cervus unicolor) pode compararse co C. canadensis en medida. Os uapitís son bastante semellantes ó cervo común de Europa, do cal se pensou que era unha subespecie durante moito tempo. Porén, probas de ADN mitocondrial realizadas no 2004 demostraron claramente que son especies diferentes.[3]

Os uapitís viven nos bosques e a súa contorna, onde se alimentan de herbas, plantas, follas e codia. Malia ser orixinarios de América do Norte e do leste de Asia, adaptáronse ben nos países onde foron introducidos, incluíndo Nova Zelandia, Australia e Arxentina. A súa grande adaptabilidade pode ameazar as especies endémicas e os ecosistemas nos que se introduciu.

Os machos teñen cornos grandes que mudan cada ano. Os machos adoptan comportamentos ritualizados de aparellamento durante o celo, incluíndo posturas, combates cos cornos e «sons de corneta», unha serie de vocalizacións fortes que establecen dominancia sobre os outros machos e atrae as femias.

Notas

  1. Erxleben, J.C.P. (1777) Anfangsgründe der Naturlehre i Systema regni animalis.
  2. Digalego.xunta.gal (ed.). "Uapití no Dicionario Galego da Xunta". Consultado o 21 de xuño de 2016.
  3. Ludt, Christian J.; Wolf Schroeder; Oswald Rottmann; Ralph Kuehn. Elsevier, ed. "Mitochondrial DNA phylogeography of red deer (Cervus elaphus)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 31 (2004) 1064–1083. Consultado o 4 de xuño d 2007.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Uapití: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O uapití (Cervus canadensis) é unha das especies de cérvidos meirandes do mundo e un dos mamíferos máis grandes de América do Norte e do leste de Asia. Da súa familia, só o alce, Alces alces, é máis grande, e o sambar (Cervus unicolor) pode compararse co C. canadensis en medida. Os uapitís son bastante semellantes ó cervo común de Europa, do cal se pensou que era unha subespecie durante moito tempo. Porén, probas de ADN mitocondrial realizadas no 2004 demostraron claramente que son especies diferentes.