dcsimg

Quetzal ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os quetzais[1] (Pharomachrus) son un xénero de aves da familia dos trogónidos (Trogonidae). Teñen unha dieta variada, que inclúe moitos froitos (sobre todo das árbores lauráceas) e tamén insectos e ras. O seu hábitat é a selva montañosa, en espazos húmidos. Xeralmente poñen dous ovos (cor azul pálida) por niñada no buraco dunha árbore.[2][3]

Até anos recentes, creuse que o quetzal non podía procrear nin vivir moito tempo en cativerio, polo que é un símbolo tradicional da liberdade. Porén, no 2004 anunciouse que uns quetzais tiveron crías nun aviario privado de Ixtapaluca (Estado de México), administrado pola Fundación Vida Silvestre Dr. Estudillo López.[4][5]

O quetzal é a ave nacional de Guatemala e esta ave xoga un papel importante na mitoloxía prehispánica e moderna da rexión. Os reis e sumos sacerdotes anciáns levaban tocados de plumas de quetzal.

Etimoloxía

Na voz náhuatl, quetzal (que provén, á súa vez, de quetzalli) significa precioso ou belo; noutras voces mesoamericanas significa sacro ou erixido. Segundo o American Heritage Dictionary, quetzalli pode traducirse como «cola longa de plumas brillantes» e, segundo o Merriam-Webster Collegiate Dictionary, como «cola cuberta do quetzal». En canto á súa clasificación latina, Pharomachrus provén do grego antigo pharos, «manta», e makros, «longo», en referencia á aleta e cola cuberta da ave.

Taxonomía

Aínda que todas as especies do xénero Pharomachrus chámanse quetzais, a palabra soa usábase orixinalmente para denominar ó Pharomachrus mocinno, o quetzal centroamericano ou mesoamericano. En total, coñécense cinco especies:

Notas

  1. "Entrada quetzal en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2018.
  2. A Guide to the Birds of Mexico and Northern Central America (Una guía sobre las aves de México y del norte de Centroamérica), Steve N. G. Howell y Sophie Webb, 1994, ISBN 0-19-854012-4
  3. Firefly Encyclopedia of Birds, Christopher Perrins (ed.), 2003, ISBN 1-55297-777-3
  4. ["Quetzals Bred in Captivity in Chiapas", Claudia Orellana, Frontiers in Ecology and the Environment tomo 2 (7), p. 345, 2004. (Un pichón del quetzal centroamericano en el zoológico "Miguel Álvarez del Toro, en Tuxtla Gutiérrez, Chiapas, México. Ver breve extracto en: aquí.)]
  5. "Nota sobre el nacimiento de dos quetzales en El Nido, en Ixtapaluca, Estado de México, México.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2018.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Quetzal: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os quetzais (Pharomachrus) son un xénero de aves da familia dos trogónidos (Trogonidae). Teñen unha dieta variada, que inclúe moitos froitos (sobre todo das árbores lauráceas) e tamén insectos e ras. O seu hábitat é a selva montañosa, en espazos húmidos. Xeralmente poñen dous ovos (cor azul pálida) por niñada no buraco dunha árbore.

Até anos recentes, creuse que o quetzal non podía procrear nin vivir moito tempo en cativerio, polo que é un símbolo tradicional da liberdade. Porén, no 2004 anunciouse que uns quetzais tiveron crías nun aviario privado de Ixtapaluca (Estado de México), administrado pola Fundación Vida Silvestre Dr. Estudillo López.

O quetzal é a ave nacional de Guatemala e esta ave xoga un papel importante na mitoloxía prehispánica e moderna da rexión. Os reis e sumos sacerdotes anciáns levaban tocados de plumas de quetzal.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician