dcsimg

Folosa de Blyth ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A folosa de Blyth[2] (Acrocephalus dumetorum), é un paxaro da familia dos sílvidos (Sylviidae) que cría en Asia e no leste de Europa.

Descrición

É unha folosa de tamaño mediano que mide entre 12,5 e 14 cm. de lonxitude. Os adultos teñen a parte superior do corpo castaña e son máis pálidos por debaixo. É doado confundila coa folosa das canaveiras ou fulepa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus) e con algunhas folosas do xénero Hippolais. Diferénciase da folosa das canaveiras por teren o lombo máis agrisado, a fronte menos patela e o bico menos forte e afiado. Os dous sexos teñen coloracións idénticas, pero os exemplares novos son máis amarelos na zona ventral.

Na época reprodutora a súa característica máis distintiva e o seu canto, lento e repetitivo, con imitacións do doutras aves e puntuado coas escalas e os asubíos típico das folosas.

Hábitat e distribución

A diferenza das folosas das canaveiras non son amigas de viviren nos pantanos, e prefiren claros ou zonas de mato, as miúdo preto da auga. Como pousadeiros para cantar usan árbores e arbustos. Son aves migratorias, que abandonan os seus territorios de cría asiáticos e do leste de Europa para pasa-lo inverno na India e Sri Lanka. Na Europa occidental aparecen só ocasionalmente coma divagantes.

 src=
Folosa de Blyth no leste de Bengala, India.

Conduta

Coma case tódalas folosas aliméntanse de insectos, pero poden apañar outras pezas pequenas de alimento coma as bagas. Fan o niño entre o mato e poñen entre catro e seis ovos.

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Acrocephalus dumetorum". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Folosa de Blyth: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A folosa de Blyth (Acrocephalus dumetorum), é un paxaro da familia dos sílvidos (Sylviidae) que cría en Asia e no leste de Europa.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician