dcsimg
Image of Mactra Linnaeus 1767
Creatures » » Animal » » Molluscs » Mussels » » Mactridae »

Rayed Trough Clam

Mactra stultorum (Linnaeus 1758)

Ameixola ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Ameixola
Mactra stultorum 002.JPG

A ameixola (Mactra stultorum, Linnaeus 1758; antes Mactra corallina) é un molusco bivalvo da familia dos Máctridos (Mactridae), da orde Veneroida.

Morfoloxía

Semella unha ameixa de gran tamaño (ata 7 cm de lonxitude), de cuncha fráxil, delicada e equivalva, co umbo lixeiramente desprazado cara adiante. O perfil é triangular, cos ángulos redondeados.

A cuncha é lisa e brillante, con liñas de crecemento concéntricas. É de cor crema ou abrancazada, con tonalidades púrpura e manchas radiais de cor marrón. O periostraco ten cor marrón clara ou agrisada. O interior é branco, marrón e ás veces púrpura.

Hábitat e bioloxía

Distribúese na costa europea do Atlántico, desde o norte de Noruega ata o Senegal, entrando no Mediterráneo e Mar Negro.

Vive en praias abertas de area limpa, na franxa inframareal ata profundidades de 100 metros.

É un molusco comestible pero de peor calidade que a ameixa. Péscase co rastro ou co sacho na baixamar.

Ríos Panisse recolleu os sinónimos seguintes: ameixola de area, ameixola brava, bicudo (por ser algo puntiaguda), rabioso e señorita, e tamén os nomes de cona de monxa (en Ribeira) e crica (en Sardiñeiro, Fisterra), metáforas sexuais non infrecuentes na denominación dos moluscos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ameixola: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Ameixola Mactra stultorum 002.JPG

A ameixola (Mactra stultorum, Linnaeus 1758; antes Mactra corallina) é un molusco bivalvo da familia dos Máctridos (Mactridae), da orde Veneroida.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician