Palaemon macrodactylus é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos (Palaemonidae).[2]
A especie foi descrita en 1902 por H. L. Rathbun en: Rathbun, M. J. (1902): "Japanese stalk-eyed crustaceans", Proceedings of the United States National Museum 26: 23-55.[2]
A área de distribución orixinal desta epecie son os estuarios ao longo das costas do Xapón, a China e Corea (o que xustifica un dos ses nomes en inglés, Oriental shrimp, "camarón oriental").
Pero na actualidade vive tamén no océano Índico, en todo o Atlántico oriental, chegando até o mar do Norte, e en todo o Pacífico leste e no sudoccidental.[2]
Suponse que chegou até Europa a través de barcos de transporte. En Bélxica observouse por primeira vez en 2002, no Zeeschelde (costa ao redor da desembocadura do río Escalda e, máis tarde, tamén no porto de Zeebrugge (localidad na costa belga pertencente á cidade de Bruxas, en Ostende e no estuario do Yser.[3]
É obxecto de pesca comercial no Pacífico, no Índico leste,[4] así como no Atlántico leste central e meridional.
Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie o nome de camarón emigrante.[4]
Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:
Palaemon macrodactylus é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos (Palaemonidae).
A especie foi descrita en 1902 por H. L. Rathbun en: Rathbun, M. J. (1902): "Japanese stalk-eyed crustaceans", Proceedings of the United States National Museum 26: 23-55.