Sousa é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que comprende tres especies de golfiños que se caractarizan por teren unha xiba ba base da aleta dorsal, e que viven na rexión Indo-pacífica e nas costas da África centrooccidental.
Teñen o corpo robusto, cun melón arredondado na cabeza e un bico longo e delgado, e cunha xiba alongada no dorso, rematada por unha pequena aleta dorsal. Viven en augas costeiras pouco profundas e estuarios, na rexión Indo-pacífica e da África centrooccidental.[2]
A taxonomía do xénero Sousa é complicada e discutida, chegando algúns autores a propoñer até cinco especies dentro del:
Até mediados da década de 2000, a maioría das autoridades aceptaban só dúas especies, Sousa chinensis e S. teuszi.[3][4][5][6][7]
Porén, na sistemática de Rice, amplamente utilizada, identifícanse tres especies, engadindo S. plumbea ás dúas anteriores.[8]
Pero o cetólogo autraliano Graham Ross escribiu "porén, recentes estudos morfolóxicos, apoiados por análises xenéticas, indican que hai unha soa especie con diverdas variantes, para a cal o nome S. chinensis ten prioridade".[9]
De calquera xeito, o consenso maioritario na actualidade sobre es especies de Sousa son as tres especies seguintes:[1]