O marraxo azul [1][2][3] é unha especie de elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformes) e familia dos lámnidos (Lamnnidae),[4] de moi ampla distribución, xa que se encontra nos océanos Pacífico, Atlántico e Índico e nos mares Mediterráneo e Vermello.
Comestíbel, é un erro moi común confundir a súa branca carne coa do mero ou cherna (Polyprion americanus), do mero de altura (Epinephelus marginatus) e do emperador (Luvarus imperialis), chegando a crerse que son o mesmo peixe e cotizándose ao mesmo prezo; porén, estas catro especies son moi diferentes en aspecto e taxonomía: os meros e o emperador son peixes da clase dos actinopterixios (Actinopterygii), cuxo esqueleto é óseo), mentres que o marraxo azul pertence á clase dos condrictios (Chondrichthyes), de esqueleto cartilaxinoso.
O marraxo azul pertence á mesma familia que o tiburón branco, pero é de tamaño bastante menor e, a diferenza del, é un tiburón asociado ás profundidades, sendo estraño velo en augas pouco profundas e próximas costa.
As principais características deste peixe son:[2]
Os marraxos azuis son tiburóns de gran tamaño, normalmente de até os 3,5 ou os 4 m de lonxitude, con pesos de até 700 ou 750 kg. Hai unha cita rexistrada dunha femia de 4,5 m (as femias son de maior tamaño que os machos).[Cómpre referencia]
O marraxo azul é un tiburón moi activo, de forza descomunal e gran velocidade. Segundo probas recentes, pode chegar a alcanzar velocidades punta de máis de 124 km/h, o que lle outorga o posto de animal máis rápido do océano, posición que anteriormente se atribuía ao peixe vela cos seus 110 km/h. O secreto de tal potencia e velocidade é a súa perfecta hidrodinámica, a súa potente masa muscular, á súa aleta caudal en forma de media lúa e ao feito de ser homeotermo. Dita combinación de forza e velocidade lle confire a capacidade de saltar moi alto fóra da auga, ao igual que o fai o tiburón branco; ditos saltos adoita realizalos cando está prendido nun anzol de pesca, e poden alcanzar entre 6 e 8 m de altura.[Cómpre referencia]
O status do marraxo azul está considerado pola IUCN como VU (vulnerábel).[4][6]
O marraxo azul é unha especie de elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformes) e familia dos lámnidos (Lamnnidae), de moi ampla distribución, xa que se encontra nos océanos Pacífico, Atlántico e Índico e nos mares Mediterráneo e Vermello.