A castañeta encarnada ou palometa encarnada (Beryx decadactylus, Cuvier 1829) é un peixe mariño da familia dos berícidos (Berycidae) de cor encarnada característica, sobre todo polo lombo, e grandes ollos.
A forma do corpo explica a denominación derivada da castañeta ou palometa (Brama brama), pero esta é de cor gris moi escura, polo que tamén a chaman castañeta ou palometa negra.
Ríos Panisse recolleu os nomes de palometa e castañeta sós ou adxectivados con indicadores da cor (colorada, encarnada, roja/roxa) ou da zona de pesca (de altura), en portos de toda a costa galega, pero tamén os de dorada [1] en Mera (Oleiros) e Muxía; e mailo de rei, en Ribadeo [2].
Ten un corpo alto e moi comprimido lateralmente, cuberto de grandes escamas. O dorso é de cor vermella intensa e os flancos e ventre van aclarando a cor rosada, con brillos prateados. O talle habitual vén sendo 35–50 cm de lonxitude cuns pesos de 2,5 kg; o tamaño máximo alcanzado foi de 100 cm de lonxitude.
Destaca o gran tamaño dos ollos. As aletas son tamén de cor vermella: a dorsal, única, con 4 espiñas e 18-20 radios brandos; a anal, con 4 espiñas e uns 30 radios brandos. Os exemplares xuvenís mostran fortes espiñas na cabeza.
Hai unha especie moi próxima, Beryx splendens, de silueta máis esvelta.
A castañeta encarnada distribúese polo océano Atlántico norte pero é probable que sexa de distribución máis ampla. Vive en augas profundas, de máis de 200 m de profundidade
Péscase con artes de palangre e arrastre. En Galicia, as poxas desta especie ó longo do ano 2010 ascenderon a 113.106 kg.
A castañeta encarnada ou palometa encarnada (Beryx decadactylus, Cuvier 1829) é un peixe mariño da familia dos berícidos (Berycidae) de cor encarnada característica, sobre todo polo lombo, e grandes ollos.
A forma do corpo explica a denominación derivada da castañeta ou palometa (Brama brama), pero esta é de cor gris moi escura, polo que tamén a chaman castañeta ou palometa negra.
Ríos Panisse recolleu os nomes de palometa e castañeta sós ou adxectivados con indicadores da cor (colorada, encarnada, roja/roxa) ou da zona de pesca (de altura), en portos de toda a costa galega, pero tamén os de dorada en Mera (Oleiros) e Muxía; e mailo de rei, en Ribadeo .