Pleuronectes putnami é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das tres que integran actualmente o xénero Pleuronectes,[2] coñecida en galego como solla lisa.[3]
É un pequeno peixe plano (de até 30 cm), mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, temperadas, salgadas e salobres, até os 27 m de profundidade, no noroeste do Atlántico, desde o Quebec (Canadá), até o estado de Rhode Island (Estados Unidos).[4]
A especie foi descrita en 1964 polo ictiólogo estadounidense Theodore Gill, baixo o nome de Euchalarodus putnami.[1] O xénero Euchalarodus (hoxe obsoleto), e a especie E. putnami, foron descritos por Gill nese ano nun traballo publicado nas páxinas 216-221 da revista Proc. Acad. nat. Sci. Philad.[5]
Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Gill, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]
Algunas autoridades consideran como válido o nome Liopsetta putnami, como a Animal Diversity Web,[6], ou Evseenko,[7] e este nome é o que recollen tamén Lahuerta e Vázquez no seu Vocabulario Multilingüe.[3] pero a maioría dos autores considersan como o actualmente válido o nome Pleuronectes putnami.[1][4][8]
O nome específico, putnami, é unha homenaxe ao oficial da mariña estadounidense e explorador do ártico Charles Putnam (1854–1882).[Cómpre referencia]
A solla lisa é un peixe plano de até os 30 cm de lonxitide,[9] cos dous ollos situados no lado dereito do corpo. A coloración do lado superior, incluíndo as aletas, varía da gris escuro á parda ou case negra, e pode ser uniforme ou salferida con manchas máis escuras da mesma cor; o lado inferior é branco. As escamas das femias son lisas en ambos os lados do corpo, mentres que as dos machos son ásperas na parte superior.[10]
Pleuronectes putnami é un peixe mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, temperadas, salgadas e salobres, entre os 20 e os 30 m de profundidade, en baías protexidas, e estuarios e desembocaduras dos ríos,[11]
A súa distribución abarca as costas do noroeste do Atlántico, entre os 60° N e os 41° N, polas provincias de Quebec, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo, en Canadá, e os estados de Maine, Nova Hampshire, Massachusetts e Rhode Island, dos Estados Unidos).[4][10]
A dieta da solla lisa consiste sobre todo en organismos zoobentónicos: invertebrados como crustáceos, moluscos e veremes mariños.[11]
Pleuronectes putnami captúrase na zona de pesca 21 (Atlántico noroeste).[3]
Pleuronectes putnami é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das tres que integran actualmente o xénero Pleuronectes, coñecida en galego como solla lisa.
É un pequeno peixe plano (de até 30 cm), mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, temperadas, salgadas e salobres, até os 27 m de profundidade, no noroeste do Atlántico, desde o Quebec (Canadá), até o estado de Rhode Island (Estados Unidos).