dcsimg
Image of Atlantic Wreckfish
Creatures » » Animal » » Vertebrates » » Ray Finned Fishes » » Wreckfishes »

Atlantic Wreckfish

Polyprion americanus (Bloch & Schneider 1801)

Mero (peixe) ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O mero,[2][3][4][5] cherna [2][3][5][6] ou cherla [2][3] (Polyprion americanus) é un peixe mariño acantopterixio (Acanthopterygii) clasificado até hai pouco na familia dos serránidos (Serranidae), pero que na actualidade moitos autores sitúan na dos polipriónidos (Polyprionidae).

Descrición

  • Moi parecido ao mero de altura, pode alcanzar até os 2 m de lonxitude,[4][7] e un peso máximo duns 100 kg.[7][8]
  • Corpo robusto, voluminoso e algo comprimido.[4]
  • Cabeza longa, co perfil superior algo cóncavo, e presenta sucos, espiñas e asperezas que se fan romas co tempo.[9] Ten unha crista ou xibosidade sobre cada ollo, na rexión occipital.[4]
  • Ollos grandes e redondos.[4]
  • aberturas nasais grandes e moi xuntas.[4]
  • Boca grande e lixeiramente protráctil, coa mandíbula prominente; o maxilar superior, amplo. Dentes cónicos e robustos na parte anterior, dispostos en fileiras, e pequenos e numerosos, formando bandas, no resto da boca.[4]
  • Opérculo provisto dunha crista ósea transversal, horizontalmente moi marcada.[4]
  • escamas de tamaño reducido e moi rugosas (ctenoides) estendéndose pola cabeza e as bases das aletas dorsal, anal e caudal.[4]
  • Liña lateral simple, con de 90 a 114 escamas, claramente visíbel.
  • Aleta dorsal con fortes espiñas; aleta anal de tamaño semellante á segunda parte da dorsal e cos tres primeiros raios curtos; aletas pelvianas máis longas que as pectorais, e a caudal arredondada nos exemplares xuvenís e truncada nos adultos.[4]
  • Coloración dos xuvenís gris ou parda violácea, con manchas irregulares abrancazadas, algo difusas. A dos adultos é parda agrisada no lombo, e amarelada no ventre.[4]

Bioloxía

 src=
Debuxo dun mero.

Vive en augas libres entre os 100 e os 200 m de profundidade, pudendo chagar até os 1.000.[4][10]

Presenta hermafroditismo secuencial: ao principio da súa vida adulta, é femia; despois, macho.[10] É unha especie ovípara, levando a cabo a desova a finais da primavera e en verán. Non coida dos ovos nin das crías.

Os exemplares xuvenís son de comportamento gregario e epipeláxico até que alcanzan uns 50 ou 60 cm, agrupándose en cardumes cerca de obxectos flotantes, como os caídos ou tirados ao mar ou arrebatados por este, macroalgas e restos de naufraxios, e desprázanse con eles, resgardándose baixo deles.[1][7][11]

Os exemplares adultos son batidemersaos, é dicir: é demersal e habita até por debaixo dos 200 m. Pódese encontrar na columna de auga, e en fondos areosos e rochosos. Habita en covas, furnas, aberturas, en paredes verticais, en bloques de rochas, no interior de esponxas etc.[12] Tamén habita en pecios, polos que é coñecida a súa afección.[7][11]

É un peixe oceanódromo. É frecuente achar anzois europeos en exemplares capturados en áugoas dos Estados Unidos, o que parece indicar grandes migracións desta especie.[1]

Os individuos xuvenís aliméntanse de teleósteos, en particular do xénero Trachurus (caránxidos —os xurelos—) e doutros organismos.[1] Os adultos comen sobre todo outros peixes bentónicos, peixes mesopeláxicos, cefalópodos peláxicos de gran tamaño, invertebrados bentónicos e crustáceos.[4][7][11][13]

Distribución

A área de distribución de Polyprion americanus comprende as seguintes zonas:

Ameazas e conservación

A única ameaza coñecida para a conservación da especie é a sobrepesca.[1]

Debido a que a distribución deste peixe, aínda que ampla, é descontinua, é posíbel que haxa poboacións sen explotar, e mesmo algunhas sen descubrir, de maneira que é difícil determinar o estado da súa conservación e prognosticar o seu futuro cun grao razoábel de precisión. Pero é probábel que a poboación mundial do mero estea en declive, xa que é unha especie cuxa reprodución é lenta, o que a fai vulnerábel á sobreexplotación; ademais, algunhas poboacións xa mostran signos de sobreexplotación, e outras están sendo sometidas a un grande aumento do aproveitamento pesqueiro. O maior descenso documentado corresponde ás illas Bermudas.[1]

E aínda por riba, ao seren os xuvenís epipeláxicos e non migrar á rexión demersal até que alcanzan 50 ou 60 cm, poden pasar varios anos até que se reflicta a presión pesqueira no tamaño das capturas.[1]

Alí onde se orientaron actividades comerciais á pesca do mero de maneira específica, as capturas alcanzaron un pico e despois descenderon rapidamente: son os casos de Brasil, as Bermudas e Portugal. Noutros casos, como son o de Angola e o de España, o rápido aumento de capturas nos anos 1990 indica un esforzo na mellora das técnicas, pero aínda é cedo para saber se esa pesca es sustentábel.[1]

O tamaño mínimo de captura no Mediterráneo é de 45 cm.[15] Non está fixado para o Canal da Mancha, para o mar do Norte nin para alta mar no océano Atlántico.[16]

Á parte do tamaño mínimo establecido para os exemplares que se pesquen no Mediterráneo, as únicas accións de conservación leváronse a cabo nos Estados Unidos e en Nova Zelandia mediante certas restricións:[1]

  • En Estados Unidos, onde non se dá a pesca deportiva do mero, hai unha veda desde o 15 de xaneiro até o 15 de abril, e está prohibido empregar palangre. Para poder pescar o mero hai que ter unha licenza especial. Como no caso doutras especies, a administración establece un total de peso que pode capturarse como máximo cada ano, repartíndoo en cotas individuais asignadas aos que teñan o permiso, cotas que son transferíbeis entre os armadores con permiso. O máximo total é de 907 t.[1]
  • En Nova Zelandia, o máximo total para a pesca comercial do mero e do hāpuku é de 2.181 t, sumadas as capturas de ambas as especies. Para a pesca deportiva e recreativa, moito menos importante, tamén hai restricións.[1]

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 Sadovy, Y. (2003): Poliprion americanus na Lista Vermella da IUCN, edición 2011. (en inglés) Consultada o 29/11/2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces, Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, p. 289.
  3. 3,0 3,1 3,2 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 104.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Rodríguez Villanueva et al. (1994), p. 94.
  5. 5,0 5,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-45-29134-8, p. 133.
  6. dicionario da RAG.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Polipirum americanus en FishBase
  8. Muus, B. J. e J. G. Nielsen (1999): Scandinavian Fishing Year Book Arquivado 07 de setembro de 2011 en Wayback Machine..
  9. 9,0 9,1 Ficha de la cherna Arquivado 07 de marzo de 2013 en Wayback Machine. no sitio "Maestro pescador".
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 Polyprion americanus Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine. no sitio Arquivado 02 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. de Maréis. Étaples (Francia). (en francés) Consultada o 29/11/2012.
  11. 11,0 11,1 11,2 Bianchi, G., K. E. Carpenter, J.-P. Roux, F. J. Molloy, D. Boyer e H. J. Boyer (1999): FAO species identification field guide for fishery purposes. The living marine resources of Namibia (Guía de campo da FAO para a identificación de especies de interese pesqueiro. Os recursos mariños vivos de Namibia). FAO, Roma.
  12. Polyprion americanus Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. no sitio Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. do Centro Mediterráneo de Investigaciones Marinas y Ambientales (CMIMA), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de España.
  13. Ecoloxía de P. americanus en FishBase. (en inglés)
  14. Sobre a posíbel presenza de Polyprion americanus en China continental. No sitio de FishBase.
  15. Mailles pour la Méditerranée Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (Medidas para o Mediterráneo). [[fr}} Consultada o 29/11/2012.
  16. Mailles pour la Manche, l'Atlantique et la Mer du nord Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (Medidas para o canal da Mancha, Atlántico e o mar do Norte). (en francés) Consultada o 29/11/2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Mero (peixe): Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O mero, cherna ou cherla (Polyprion americanus) é un peixe mariño acantopterixio (Acanthopterygii) clasificado até hai pouco na familia dos serránidos (Serranidae), pero que na actualidade moitos autores sitúan na dos polipriónidos (Polyprionidae).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician