A orde Mononegavirales é unha orde de virus da clasificación do Comité Internacional de Taxonomía de Virus. Os seus membros chámanse mononegavirus. A orde comprende numerosos virus relacionados, os máis coñecidos dos cales son: virus Ebola, virus respiratorio sincicial humano, virus do sarampelo, virus das papeiras, virus Nipah, e virus da rabia. Todos estes virus causan enfermidades importantes no ser humano. Tamén son membros deste grupo moitos patóxenos importantes doutros animais e de plantas.
A orde Mononegavirales é un taxon virolóxico creado en 1991[1][2] e emendado en 1995,[3] 1997,[4] 2000,[5] 2005,[6] e 2011.[7] O nome Mononegavirales deriva do grego μóνος [monos] (facendo alusión ao xenoma monocatenario non segmentado destes virus), e do latín negare, negar (referíndose a que teñen un xenoma de sentido negativo, é dicir, que non se pode traducir directmente), e a terminación virales propia das ordes taxonómicas de virus.[8] Segundo as regras de nomenclatura dos virus, Mononegavirales (e todas as ordes) escríbese con maiúscula e cursiva.[7] Os seus membros son os mononegavirus.[7][8]
A orde actualmente comprende catro familias de virus, que son: Bornaviridae, Filoviridae, Paramyxoviridae, e Rhabdoviridae.[7][8][9]
Un virus é membro da orde Mononegavirales se ten estas características:[7][8]
O ciclo de replicación dos mononegavirus empeza coa unión do virión a un receptor específico da superficie da célula hóspede, seguida da fusión da bicapa lipídica da envoltura do virión coa membrana da célula e a subseguinte liberación da nucleocápside no citosol da célula. A ARN polimerase ARN-dependente (RdRps) do virus decapsida parcialmente a nucleocápside e transcribe os xenes a ARNms de cadea positiva, os cales son despois traducidos a proteínas estruturais e non estruturais. A RdRps dos mononegavirus únese a un só promotor localizado no extremo 3' do xenoma. A transcrición ou ben remata despois dun xene ou continúa ata o seguinte xene augas abaixo. Isto significa que os xenes próximos ao extremo 3' do xenoma son transcritos máis abondosamente, mentres que os que están cara ao extremo 5' son transcritos con menos probabilidade. A orde dos xenes é, por tanto, unha forma simple pero efectiva de regulación da transcrición. A proteína máis abundante producida é a nucleoproteína, cuxa concentración na célula determina cando a polimerase (RdRp) deixa de transcribir xenes e empeza a replicar o xenoma. A replicación orixina antixenomas de ARN de cadea positiva e de lonxitude completa que son á súa vez transcritos ao xenoma de cadea negativa que levarán os virus da proxenie. As proteínas estruturais neosintetizadas e os xenomas autoensámblanse e acumúlanse preto da parte interna da membrana plasmática da célula. Os virións evaxínanse da célula, adquirindo as súas envolturas a partir de partes da membrana plasmática da que se evaxinaron. As partículas maduras da proxenie despois infectan a outras células para repetir o ciclo de novo.[6]
Os mononegavirus teñen unha historia que se remonta a hai varias decenas de millóns de anos. Os mononegavirus "fósiles" descubríronse en forma de xenes de mononegavirus ou fragmentos de xenes integrados no xenoma dos mamíferos, xeralmente. Por exemplo, detectáronse xenes de bornavirus "fósiles" nos xenomas de morcegos, peixes, damáns (Hyrax), marsupiais, primates, roedores, ruminantes, e elefantes.[10][11][12] Xenes de filovirus "fósiles" detectáronse en xenomas de morcegos, roedores, musarañas (Soricidae), tenrecs, e marsupiais.[11][12][13] Atopouse un virus Midway "fósil" no xenoma do peixe cebra.[11] Finalmente, atopáronse rhabdovirus "fósiles" nos xenomas de mosquitos, carrachas, e plantas.[12][14][15]
A orde inclúe catro familias aceptadas con numerosos xéneros e especies. Só se estableceron subfamilias para a familia Paramyxoviridae. A orde aumentou en membros considerablemente nos últimos anos debido ao descubrimento de moitos novos axentes que eran filoxeneticamente distintos dos mononegavirus xa coñecidos. Os novos taxons (xéneros e especies) deben de ser propostos ao ICTV, e algúns dos cales foron xa aceptados e outros aínda están en diversos estadios do proceso de suxestión/proposición/consideración. A táboa que segue dá unha visión xeral da composición actual da orde. A táboa fai unha lista dos taxons (conceptos), pero non dos virus membros (entidades físicas).
Orde Mononegavirales: familias, xéneros e especies Nome da familia Nome da subfamilia Nome do xénero Nome da especie Bornaviridae Bornavirus "Avian bornavirus 1" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 1 "Avian bornavirus 2" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 2 "Avian bornavirus 3" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 3 "Avian bornavirus 4" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 4 "Avian bornavirus 5" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 5 "Canada geese bornavirus" (suxerido)[16]/bornavirus do ganso da Canadá "Canary bornavirus" (suxerido)[16]/bornavirus do canario Borna disease virus*/virus da enfermidade Borna Filoviridae "Cuevavirus" (proposto) "Lloviu cuevavirus"* (proposto) Ebolavirus Bundibugyo ebolavirus Reston ebolavirus Sudan ebolavirus Taï Forest ebolavirus/ebolavirus do bosque Taï Zaire ebolavirus* Marburgvirus Marburg marburgvirus* Nyamiviridae Nyavirus[17] Midway nyavirus Nyamanini nyavirus* Unnamed Soybean cyst nematode virus*/Virus do nematodo do quiste da soia Paramyxoviridae Paramyxovirinae Aquaparamyxovirus Atlantic salmon paramyxovirus*/paramixovirus do salmón atlántico "Pacific salmon paramyxovirus" (suxerido)[18]/paramixovirus do salmón do Pacífico Avulavirus Avian paramyxovirus 2/paramixovirus aviario 2 Avian paramyxovirus 3/paramixovirus aviario 3 Avian paramyxovirus 4/paramixovirus aviario 4 Avian paramyxovirus 5/paramixovirus aviario 5 Avian paramyxovirus 6/paramixovirus aviario 6 Avian paramyxovirus 7/paramixovirus aviario 7 Avian paramyxovirus 8/paramixovirus aviario 8 Avian paramyxovirus 9/paramixovirus aviario 9 "Avian paramyxovirus 10" (suxerido)[19]/paramixovirus aviario 10 Newcastle disease virus*/virus da enfermidade de Newcastle Ferlavirus Fer-de-Lance paramyxovirus* Henipavirus "Cedar virus" (suxerido)/ virus Cedar (de morcegos) Hendra virus* Nipah virus "Jeilongvirus" (suxerido)[20] "Beilong virus" (suxerido)[20] "J virus"* (suxerido)[20] "Tailam virus" (suxerido)[21] Morbillivirus Canine distemper virus/virus do moquillo canino Cetacean morbillivirus/morbilivirus de cetáceos Measles virus*/virus do sarampelo Peste-des-petits-ruminants virus/ virus da peste dos pequenos ruminantes Phocine distemper virus/virus do moquillo das focas Rinderpest virus/virus da peste bovina Respirovirus Bovine parainfluenza virus 3/virus da parainfluenza bovina 3 Human parainfluenza virus 1/virus da parainfluenza humana 1 Human parainfluenza virus 3/virus da parainfluenza humana 3 Sendai virus* Simian virus 10/virus simio 10 Rubulavirus Human parainfluenza virus 2/virus da parainfluenza humana 2 Human parainfluenza virus 4/virus da parainfluenza humana 4 Mapuera virus "Menangle virus" (suxerido) Mumps virus*/virus das papeiras Parainfluenza virus 5/virus parainfluenza 5 Porcine rubulavirus/rubulavirus porcino Simian virus 41/virus simio 4 "Tioman virus" (suxerido) "Tuhoko paramyxovirus 1" (suxerido)[22]/paramixovirus Tuhoko 1 "Tuhoko paramyxovirus 2" (suxerido)[22]/paramixovirus Tuhoko 2 "Tuhoko paramyxovirus 3" (suxerido)[22]/paramixovirus Tuhoko 3 Non asignado "Mossman virus" (suxerido)[23] "Nariva virus" (suxerido)[24] "Tupaia paramyxovirus"* (suxerido)[25] "Salem virus" (suxerido)[26] Pneumovirinae Pneumovirus Bovine respiratory syncytial virus/virus respiratorio sincicial bovino Human respiratory syncytial virus*/virus respiratorio sincicial humano Murine pneumonia virus/virus da pneumonía murina Metapneumovirus Avian metapneumovirus*/metapneumovirus aviario Human metapneumovirus/metapneumovirus humano Non se suxeriu nome aínda Non se suxeriu nome aínda "Sunshine virus"* (suxerido)[27] Rhabdoviridae Cytorhabdovirus Barley yellow striate mosaic virus/virus do mosaico estriado amarelo da cebada Broccoli necrotic yellows virus/virus do amarelado necrótico do brócoli Festuca leaf streak virus/virus das manchas das follas de Festuca "Ivy vein banding virus" (suxerido)/virus das bandas das veas da enredadeira Lettuce necrotic yellows virus*/virus da amarelado necrótico da leituga Lettuce yellow mottle virus/virus das manchas amarelas da leituga Northern cereal mosaic virus/virus do mosaico dos cereais do norte Sonchus virus "Soybean blotchy mosaic virus" (suxerido)/virus do mosaico de manchas da soia Strawberry crinkle virus/virus do enrugamento do amorodo Wheat American striate mosaic virus/virus do mosaico estriado americano do trigo "Wheat rosette stunt virus" (suxerido)/virus da atrofia en roseta do trigo Ephemerovirus Adelaide River virus/virus do río Adelaide Berrimah virus Bovine ephemeral fever virus*/virus da febre efémera bovina "Kimberley virus" (suxerido) Kotonkan virus "Malakal virus" (suxerido) Obodhiang virus "Puchong virus" (suxerido) Lyssavirus Aravan virus Australian bat lyssavirus/lisavirus do morcego australiano "Bokeloh bat lyssavirus" (proposto)/lisavirus do morcego Bokeloh Duvenhage virus European bat lyssavirus 1/lisavirus do morcego europeo 1 European bat lyssavirus 2/lisavirus do morcego europeo 2 "Ikoma lyssavirus" (proposto) Irkut virus Khujand virus Lagos bat virus/virus do morcego de Lagos Mokola virus Rabies virus*/virus da rabia Shimoni bat virus/virus do morcego Shimoni West Caucasian bat virus/virus do morcego caucásico do oeste Novirhabdovirus "Eel virus B12" (suxerido)/virus da anguía B12 "Eel virus C26" (suxerido)/virus da anguía C26 Hirame rhabdovirus Infectious hematopoietic necrosis virus*/virus da necrose hematopoética infecciosa Snakehead virus Viral hemorrhagic septicemia virus/virus da septicemia hemorráxica viral Nucleorhabdovirus "Cereal chlorotic mottle virus" (suxerido)/virus das manchas cloróticas do cereal "Cynodon rhabdovirus" (suxerido) Datura yellow vein virus/virus das veas amarelas de Datura Eggplant mottled dwarf virus/virus do ananismo manchado da berenxena Maize fine streak virus/virus das manchas finas do millo Maize Iranian mosaic virus/virus do mosaico iraniano do millo Maize mosaic virus/virus do mosaico do millo Potato yellow dwarf virus*/virus do ananismo amarelo da pataca Rice yellow stunt virus/virus da atrofia amarela do arroz Sonchus yellow net virus/virus do retículo amarelo de Sonchus "Sorghum stunt mosaic virus" (suxerido)/virus do mosaico da atrofia do sorgo Sowthistle yellow vein virus/virus das veas amarelas de Sonchus oleraceus Taro vein chlorosis virus/virus da clorose das veas do taro Perhabdovirus Anguillid rhabdovirus/rabdovirus de anguílidos Perch rhabdovirus*/rabdovirus de percas Sea trout rhabdovirus/rabdovirus da troita mariña (Salmo trutta trutta) Sigmavirus "Culex tritaeniorhynchus rhabdovirus" (suxerido)[28] Drosophila affinis sigmavirus Drosophila ananassae sigmavirus Drosophila immigrans sigmavirus Drosophila melanogaster sigmavirus* Drosophila obscura sigmavirus Drosophila tristis sigmavirus Muscina stabulans sigmavirus "Sinistar-like viruses" (suxerido)[29] "Siniperca chuatsi rhabdovirus"* (suxerido)[29] "Sprivivirus" (proposto) "Pike fry rhabdovirus"* (proposto)/rabdovirus do alevín de lucio Spring viremia of carp virus*/virus da viremia de primavera da carpa Tibrovirus Coastal plains virus*/virus das chairas costeiras Tibrogargan virus "Tupavirus" (proposto) "Durham virus"* (proposto) Tupaia virus Vesiculovirus "BeAn 157575 virus"" (suxerido) "Boteke virus" (suxerido) "Calchaqui virus" (suxerido) Carajas virus Chandipura virus Cocal virus "Eel virus American" (suxerido)/virus de anguía americano "Eel virus European X" (suxerido)/virus de anguía europeo X "Grass carp rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da carpa herbívora "Gray Lodge virus" (suxerido) Isfahan virus* "Jurona virus" (suxerido) "Klamath virus" (suxerido) "Kwatta virus" (suxerido) "La Joya virus" (suxerido) "Lake trout rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da troita lacustre "Malpais Spring virus" (suxerido) Maraba virus "Perinet virus" (suxerido) Piry virus "Porton virus" (suxerido) "Radi virus" (suxerido) "Sea trout rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da troita mariña "Tench rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da tenca "Ulcerative disease rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da enfermidade ulcerativa Vesicular stomatitis Alagoas virus/virus Alagoas da estomatite vesicular Vesicular stomatitis Indiana virus*/virus Indiana da estomatite vesicular Vesicular stomatitis New Jersey virus/virus Nova Jersey da estomatite vesicular "Yug Bogdanovac virus" (suxerido) Non asignado Flanders virus Moussa virus Ngaingan virus Wongabel virusLenda da táboa: "*" significa especie tipo; "suxerido" refírese a taxons que foron suxeridos por determinados investigadores pero que non foron propostos formalmente ao ICTV; "proposto" refírese a taxons que foron xa propostos formalmente; e "aceptado" significa que o taxon foi aceptado polo Comité Executivo do ICTV pero que non foi aínda ratificado. Só os taxons aceptados e ratificados se escriben en cursiva, mentres que os suxeridos e propostos non e escríbense entre comiñas.
A orde Mononegavirales é unha orde de virus da clasificación do Comité Internacional de Taxonomía de Virus. Os seus membros chámanse mononegavirus. A orde comprende numerosos virus relacionados, os máis coñecidos dos cales son: virus Ebola, virus respiratorio sincicial humano, virus do sarampelo, virus das papeiras, virus Nipah, e virus da rabia. Todos estes virus causan enfermidades importantes no ser humano. Tamén son membros deste grupo moitos patóxenos importantes doutros animais e de plantas.