dcsimg

Armeria pubigera ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Armeria pubigera é unha planta herbácea de folla perenne pertencente á familia Plumbaginaceae.[1][2][3] É un endemismo[4], fóra de risco de extinción[5], que se atopa nos rochedos graníticos, e ás veces nalgúns dos areais, do litoral atlántico galego e de Viana do Castelo.[1] É unha especie adaptada a eventos de rachas fortes de vento e ás augas salinas.[1][2]

É unha especie similar e fácil de confundir coa Armeria maritima, a herba de namorar. Identificáronse na Costa da Morte hibridacións desta especie con A. beirana, resultando en Armeria x carnotana Blanco-Dios, nothosp. nov.[6]

Descrición

É unha especie perenne cun cepo leñoso e con pouca ramificación, con talos floridos e de tipo herbáceo ou subarbustivo. As súas follas distribúense facendo unha roseta basal densa. Estas son planas e longas e lineais, de 0,3 a 0,8 cm de longas e de ata 0,2 cm de anchas, cuns ápices obtusos. Os nervios dos talos, que son de 1 a 3, son algo glabros e pouco ciliados. Os talos que frolan érguense dereitos ou algo tumbados e chegan dos 5 ata os 25 cm. Na súa parte superior teñen unha vaíña tubular que os cobre en parte.[1][2]

As flores saen en grupos de 2 a 5 flores e son sésiles. Teñen unha bráctea de cor verde e glabras de maior tamaño e cunhas manchas. A corola é de cinco pétalos soldados á base e ten un ton rosado.[1][2]

A súa reprodución soe ir de marzo a setembro.[2]

Nome común

Para Armeria pubigera pódense empregar os nomes vernáculos de caravel mariño, herba empreñadoira ou cravo mariño[2], e segundo algunhas fonte tamén herba namoreira ou namoradeira[7].

Sinonimia

  • Armeria langeana[2]
  • Armeria parvula[2]
  • Armeria portensis[2]
  • Armeria pubigera subsp. depilata[2]
  • Statice pubigera[2]

Distribución

É un endemismo do litoral do noroeste peninsular ibérico, da costa atlántica.[4]

Hábitat

 src=
Nos rochedos preto do Faro de Corrubedo.

Medra en particular en áreas de rochedos do litoral, como nos cantís, e, ás veces en areais, entre os 0 metros e 50 da liña da costa.[1] Esta especie soporta as condicións de fortes rachas de ventos e augas e solos salgados. En concreto sóese atopar en sistemas dunares[6] ou entre xunqueiras e en marismas.[2] Está adapta a condicións de alta exposición á luz, inda que é quen de medrar en zonas con sombra. Está nunha área con invernos moderados e alta humidade, e en solos con pouco nitróxeno e lixeiramente ácidos.[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Flora Vascular (eds.). "Armeria%20pubigera". Consultado o 5/11/2018.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 Asturnatura (eds.). "Armeria pubigera (Desf.) Boiss. in DC.". Consultado o 5/11/2018.
  3. Jardim Botânico, UTAD (eds.). "Flora Digital de Portugal: Espécie Armeria pubigera". Consultado o 5/11/2018.
  4. 4,0 4,1 Ministerio para la Transición Ecológica, Goberno de España (eds.). "Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia: Armeria (Armeria pubigera)". Consultado o 5/11/2018.
  5. European Environment Agency - European Union (eds.). "Armeria pubigera (Desf.) Boiss.". Consultado o 5/11/2018.
  6. 6,0 6,1 Blanco-Diós, Jaime B. (2012). "Armeria X Carnotana (PLUMBAGINACEAE) nothosp. nov. para el noroeste ibérico" (PDF). Acta Botanica Malacitana (37): 171–172.
  7. Jong, Y. et al. (2018). Pan-European Species directories Infrastructure (PESI), ed. "Armeria pubigera (Desf.) Boiss.". Consultado o 5/11/2018.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Armeria pubigera: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Armeria pubigera é unha planta herbácea de folla perenne pertencente á familia Plumbaginaceae. É un endemismo, fóra de risco de extinción, que se atopa nos rochedos graníticos, e ás veces nalgúns dos areais, do litoral atlántico galego e de Viana do Castelo. É unha especie adaptada a eventos de rachas fortes de vento e ás augas salinas.

É unha especie similar e fácil de confundir coa Armeria maritima, a herba de namorar. Identificáronse na Costa da Morte hibridacións desta especie con A. beirana, resultando en Armeria x carnotana Blanco-Dios, nothosp. nov.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Armeria pubigera ( Icelandic )

provided by wikipedia IS

Armeria pubigera[1] er jurt af gullintoppuætt.

Tilvísanir

  1. Roskov Y., Kunze T., Orrell T., Abucay L., Paglinawan L., Culham A., Bailly N., Kirk P., Bourgoin T., Baillargeon G., Decock W., De Wever A., Didžiulis V. (ed) (2014). „Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2014 Annual Checklist“. Species 2000: Reading, UK. Sótt 26. maí 2014.
Wikimedia Commons er með margmiðlunarefni sem tengist
Wikilífverur eru með efni sem tengist
 src= Þessi líffræðigrein er stubbur. Þú getur hjálpað til með því að bæta við greinina.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Höfundar og ritstjórar Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia IS

Armeria pubigera: Brief Summary ( Icelandic )

provided by wikipedia IS

Armeria pubigera er jurt af gullintoppuætt.

Armeria pubigera (1) 1.JPG Armeria pubigera (2) 1.JPG Armeria pubigera (2) 2.JPG Armeria pubigera (2) 4.JPG Armeria pubigera (2) 5.JPG
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Höfundar og ritstjórar Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia IS

Armeria pubigera ( Portuguese )

provided by wikipedia PT

Armeria pubigera é uma espécie de planta com flor pertencente à família Plumbaginaceae.

A autoridade científica da espécie é (Desf.) Boiss., tendo sido publicada em Prodr. [A. P. de Candolle] 12: 678. 1848.

Portugal

Trata-se de uma espécie presente no território português, nomeadamente em Portugal Continental.

Em termos de naturalidade é endémica da Península Ibérica.

Protecção

Não se encontra protegida por legislação portuguesa ou da Comunidade Europeia.

Referências

 title=
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia PT

Armeria pubigera: Brief Summary ( Portuguese )

provided by wikipedia PT

Armeria pubigera é uma espécie de planta com flor pertencente à família Plumbaginaceae.

A autoridade científica da espécie é (Desf.) Boiss., tendo sido publicada em Prodr. [A. P. de Candolle] 12: 678. 1848.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia PT