dcsimg
Image of Brazilian Peppertree
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Cashew Family »

Brazilian Peppertree

Schinus terebinthifolia Raddi

Schinus terebinthifolius ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O Schinus terebinthifolius é un arbusto ou pequena árbore de 7 a 10 m de altura, nativo de áreas subtropicais e tropicais de América do Sur, sueste do Brasil, norte da Arxentina e do Paraguai.

 src=
Vista da árbore
 src=
Como bonsai
 src=
Follas
 src=
Flores

Descrición

Ten pólas ascendentes e pénsiles na mesma árbore. As follas son alternas, de 10 a 22 cm de lonxitude, pinnadas compostas con 3 a 15 folíolos; os folíolos son ovais (lanceolados a elípticos), de 3 a 6 cm de longo e 2 a 3,5 cm de largo, cas marxes finamente dentadas, con ápice agudo a arredondado. O raque entre os folíolos é usualmente (mais non invariábel) alado. A planta é dioica, con flores pequenas e brancas. O froito é unha drupa miúda, vermella e esférica de 4 a 5 mm de diámetro, en acios mestos de centenares de drupas.

Hai dúas variedades:

  • Schinus terebinthifolius var. acutifolius. Follas de 22 cm, con 7 a 15 folíolos; froito rosado.
  • Schinus terebinthifolius var. terebinthifolius. Follas de 17 cm, con 5 a 13 folíolos; froito arroibado.

Como moitas outras especies da familia das Anacardiaceae, ten un látex recendente que causa reaccións cutáneas (semellante ao veleno da Toxicodendron radicans ou Rhus toxicodendron) en persoas sensíbeis.

Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[1] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Cultivo e usos

Esta árbore é moi atractiva como ornamental, en rexións libres de xeadas suramericanas pola súa follaxe decorativa e polos seus froitos. Malia non ser unha pementeira (Piper), as súas drupas secas véndense como pementa rosada. As sementes úsanse como unha especia con moderación, engadindo pementa negra, porque senón é tóxica.

Tense convertido en maleza en moitas rexións subtropicais con moderada a alta pluviosidade: zonas de Australia, Bahamas, Bermudas, sur da China, Cuba, Fidxi, Polinesia, Guam, Perú, Malta, Illas Marshall, Mauritania, Nova Caledonia, Nova Zelandia, Illa Norfolk, Porto Rico, Reunión, e nos EUA (na Florida e mais en Hawaii). En áreas desérticas, coma Israel e no sur da California, medra mais non é invasora.

Taxonomía

Schinus terebinthifolius foi descrita por Giuseppe Raddi e publicada en Memoria di Matematica e di Fisica della Società Italiana del Scienze Residente in Modena, Parte contenente le Memorie di Fisica 18(2): 399–400. 1820.[2]

Etimoloxía

Schinus, é o nome grego do lentisco: arboriña perenne desta mesma familia;

terebinthifolius: epíteto

Sinonimia
  • Rhus schinoides Willd. ex Schult.
  • Rhus trijuga Poir.
  • Sarcotheca bahiensis Turcz.
  • Schinus antiarthriticus Mart. ex Marchand
  • Schinus mellisii Engl.
  • Schinus mucronulatus Mart.[3]

Carece de nome común coñecido, en galego. En castelán recibe os nomes de Pimentero del Brasil, Cerezo de Navidad, Turbinto e, sobre todo, Falsa pimienta [1].

Notas

  1. Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2000). 100 das Especies Exóticas Invasoras máis daniñas do mundo. Unha selección do Global Invasive Species Database. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Natureza (UICN), 12 pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 da revista Aliens, Decembro de 2000. Versión traducida e actualizada: Novembro 2004.
  2. "Schinus terebinthifolius". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de xullo de 2013.
  3. Schinus terebinthifolius en PlantList

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Gogue, G. J., Hurst, C. J., & Bancroft, L. 1974. Inhibición del crecimiento por Schinus terebinthifolius. HortScience 9 (3): 301.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Schinus terebinthifolius: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O Schinus terebinthifolius é un arbusto ou pequena árbore de 7 a 10 m de altura, nativo de áreas subtropicais e tropicais de América do Sur, sueste do Brasil, norte da Arxentina e do Paraguai.

 src= Vista da árbore  src= Como bonsai  src= Follas  src= Flores
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician