Magnoliopsida é un taxón de plantas que foi empregado en sistemas de clasificación moi populares como o de Cronquist (Cronquist 1981,[1] 1988[2]), os subtaxóns que o conforman coinciden coas dicotiledóneas (chamadas deste xeito por teren durante as primeiras etapas do desenvolvemento dous cotiledóns), que polo tanto é un sinónimo deste taxón. Polo tanto chámaselles dicotiledóneas ás plantas que teñen un embrión con dous cotiledóns que ó desenvolvérense darán lugar a dúas folliñas. As dicotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é monocotiledóneas.
As dicotiledóneas están formadas por 5 grupos monofiléticos, o maior de eles foi chamado Eudicotyledoneae (eu- quere dicir "verdadeiro"). As eudicotiledóneas comprenden o 75% das especies de anxiospermas[Cómpre referencia], e posúen moitos dos caracteres que antes se atribuíran ás dicotiledóneas, como o pole tricolpado [3][4](e os derivados deste).
Existen máis de cento setenta e cinco mil especies de plantas pertencentes a esta clase. Exemplos de dicotiledóneas son o nabo, a verza, e o feixón.
Ademais de ter dous cotiledóns, as dicotiledóneas caracterízanse por presentar nerviación foliar reticular e partes florais normalmente en múltiplos de catro ou de cinco. Os caracteres pertencentes á anxiospermas ancestral e perdidos na póla da que se orixinaron as monocotiledóneas son:
Un carácter que tradicionalmente foi atribuído ás dicotiledóneas é o pole tricolpado e os derivados deste (nas monocotiledóneas o pole é monosulcado). En realidade é un carácter orixinado nun subgrupo das dicotiledóneas chamado Eudicotyledoneae, sendo o pole do resto das dicotiledóneas monosulcado, como tamén na anxiospermas ancestral.
A presenza de algúns caracteres considerados tradicionalmente característicos das dicotiledóneas, atópanse tanto nas dicotiledóneas como nas ximnospermas, polo tanto son plesiomorfías de todas as plantas con semente que foron perdidas nas monocotiledóneas, a saber:
As follas das dicotiledóneas presentan un limbo e un pecíolo, e a miúdo son compostas. Unha das características que as distinguen das monocotiledóneas é a disposición dos nervios, xeralmente reticulada, cun nervio central groso do que parten outros máis finos (existen excepcións a esta norma).
Na sección transversal dos talos poden verse os feixes de vasos condutores, que se encargan de transportar a auga e os sales minerais, dispostos en círculo. As dicotiledóneas comprenden vexetais leñosos e herbáceos. Os talos dos primeiros teñen porte arbustivo, se se ramifican dende a base; ou arbóreo, se as pólas aparecen a certa distancia do chan.
Nesta clase están representados case todos os tipos de flores.
As análises cladísticas feitas sobre a morfoloxía e as secuencias de ADN cloroplastídico, mitocondrial e nuclear, non sosteñen a división das anxiospermas en monocotiledóneas e dicotiledóneas (Olmstead et al. 1992a, Chase et al. 1993,[5] Doyle 1996,[6] 1998,[7] Doyle et al. 1994,[8] Donoghue y Doyle 1989,[9] Graham y Olmstead 2000,[10] Mathews y Donoghue 1999,[11] Savolainen et al. 2000,[12] Soltis et al. 2000,[13] Zimmer et al. 2000,[14] Hilu et al. 2003, Zanis et al. 2003). En todas as análises as dicotiledóneas forman un grupo parafilético, e os caracteres morfolóxicos xa mencionados son plesiomórficos dentro das anxiospermas (salvo o pole tricolpado e os seus derivados).
As dicotiledóneas están compostas polos seguintes grupos monofiléticos:
Pódese atopar unha discusión sobre a filoxenia do grupo en Sistemática de anxiospermas.
A maioría das dicotiledóneas pertencen ó clado Eudicotyledoneae (tamén chamadas "dicotiledóneas tricolpadas"), que teñen como sinapomorfías ó polen tricolpado (e as modificacións que teña sufrido posteriormente), e as secuencias de ADN rbcL, atpB, matK, e ADNr 18S.
Unha clasificación actualizada ó ano 2003 pódese atopar no sistema de clasificación APG II,[15] onde se abandona o taxón dicotiledóneas e empréganse en troques os grupos monofiléticos arriba mencionados.
A clasificación das dicotiledóneas segundo Cronquist[1][2] en subclases, ordes e familias pódese ver ó desplegar a caixa seguinte.
Leturas recomendadas
Magnoliopsida é un taxón de plantas que foi empregado en sistemas de clasificación moi populares como o de Cronquist (Cronquist 1981, 1988), os subtaxóns que o conforman coinciden coas dicotiledóneas (chamadas deste xeito por teren durante as primeiras etapas do desenvolvemento dous cotiledóns), que polo tanto é un sinónimo deste taxón. Polo tanto chámaselles dicotiledóneas ás plantas que teñen un embrión con dous cotiledóns que ó desenvolvérense darán lugar a dúas folliñas. As dicotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é monocotiledóneas.
As dicotiledóneas están formadas por 5 grupos monofiléticos, o maior de eles foi chamado Eudicotyledoneae (eu- quere dicir "verdadeiro"). As eudicotiledóneas comprenden o 75% das especies de anxiospermas[Cómpre referencia], e posúen moitos dos caracteres que antes se atribuíran ás dicotiledóneas, como o pole tricolpado (e os derivados deste).