Os eumetazoos (ou eumetazoa) son os animais que presentan tecidos propiamente ditos; comprenden a totalidade dos metazoa, coa única excepción dos Parazoa (as esponxas, nas que en lugar de tecidos existe unha organización similar a unha colonia), os extintos Archaeocyatha, os Phagocytellozoa ou Placozoos, e os Mesozoos.
Os eumetazoa caracterízanse por ter capas xerminativas, como son o ectoderma, endoderma e opcionalmente mesoderma, por formar auténticos tecidos a partir da especialización celular, pola posesión de órganos, e por ter unha cavidade dixestiva limitada por un orificio bucal, que pode perderse por adaptación ao parasitismo.
Dentro dos eumetazoa, a maioría pertence á rama dos Bilateria. Fóra deste só contan dous filos que presentan simetría radial, carecen de órganos propiamente ditos e teñen cavidades dixestivas cunha soa abertura, que cumpre funcións tanto de inxestión como de excreción. Estes son os Cnidaria, (que abarca as Anemones, os corais e as medusas) e os Ctenophora.
Os Bilateria, pola súa banda, presentan simetría bilateral, órganos diferenciados e un corpo triploblástico, coas tres capas xerminativas ben diferenciadas.