O eucalipto nitens[1] (Eucalyptus nitens), coñecido en inglés coma shining gum, é unha especie nativa de Victoria e o leste de Nova Gales do Sur en Australia. Medra en bosques húmidos tépedos e nas súas marxes, en solos fértiles de áreas de clima fresco.[2] Atópase naturalizado en Galicia, aínda que en menor medida ca o eucalipto azul. Atura mellor as xeadas ca este último.
Eucalyptus nitens é un árbore grande que medra até 60 m de altura, en Victoria ocasionalmente acada os 90 m de alto.[3][4] A casca é persistente na parte baixa do toro, cinsenta a café agrisada, fibrosa-escamosa, lisa na parte exterior, branca, cinsenta ou amarela, mudándoa en longos listóns. As follas son opostas, ovadas a elípticas, cordadas, glaucas, e as follas adultas son estreitas-lanceoladas ou lanceoladas, 15–25 cm de longo, 1,5–2,5 cm de largo, verdes, brillosas, concolorosas. A inflorescencia é de 7 flores, o pedúnculo estreitamente chan ou angular, 6–15 mm de longo. Os casulos son sésiles, ovoides ou cilíndricos, 5–7 mm long, 3–4 mm de diámetro, a cicatriz do anel é causada pola muda do opérculo exterior; a caliptra é cónica, aguda ou obtusa, máis curta ou tan larga como hipantio. O froito é cilíndridico ovoide, 4–7 mm de longo, 4–6 mm de diámetro; o disco é deprimido e as valvas encerradas ou ao nivel do aro.
En Tasmania Eucalyptus nitens é unha das especies máis importantes madeireiras usadas en plantacións xunto con Eucalyptus globulus (eucalipto azul de Tasmania) e Pinus radiata (piñeiro insigne).
Eucalyptus nitens foi descrita por H.Deane & Maiden e publicado en A critical revision of the genus Eucalyptus 2: 273. 1913.[5]
Eucalyptus: nome xenérico que provén do grego antigo: eû = "ben, xustamente" e kalyptós = "cuberto, que recobre". En Eucalyptus L'Hér., os pétalos, soldados entre si e ás veces tamén con sépalos, forman parte do opérculo, perfectamente axustado ao hipanto, que se desprende á hora da floración.[6]
O eucalipto nitens (Eucalyptus nitens), coñecido en inglés coma shining gum, é unha especie nativa de Victoria e o leste de Nova Gales do Sur en Australia. Medra en bosques húmidos tépedos e nas súas marxes, en solos fértiles de áreas de clima fresco. Atópase naturalizado en Galicia, aínda que en menor medida ca o eucalipto azul. Atura mellor as xeadas ca este último.