As clamidias ou Chlamydiae é un grupo de bacterias que constitúen un filo e unha clase, formado por bacterias patóxenas intracelulares obrigadas.[1] Moitas clamidias coexisten co seu hóspede específico nun estado asintomático, e cóidase que eses hóspedes serven de reservorio para estas bacterias.[2] Actualmente só se recoñece unha orde dentro do grupo, as Chlamydiales.
Todas as clamidias coñecidas só poden vivir infectando células eucarióticas. Son bacterias moi pequenas, tan diminutas ou máis ca algúns virus. As clamidias replícanse dentro das súas células hóspedes. A maioría das clamidias están localizadas dentro das células en corpos de inclusión ou vacúolos. Fóra das células poden sobrevivir só como unha forma extracelular infecciosa, que se transmite xeralmente por vía aérea. Son máis fáciles de illar cando están aínda dentro da célula. Non poden propagarse en medios de cultivo bacteriano de laboratorio.
Cavalier-Smith postulou que as Chlamydiae están dentro do clado Planctobacteria do gran clado Gracilicutes.
Unha enfermidade similar á producida polas clamidias, que afectaba aos ollos, xa se describiu na antiga China e nos manuscritos exipcios antigos. Unha descrición máis moderna das clamidias fixérona Halberstaedter e von Prowazek en 1907. As clamidias illáronse cultivándoas en ovos embrionados a partir das obtidas de pacientes afectados de pneumonite na epidemia de finais da década de 1920 e principios da de 1930; e a medidados do século XX xa se obtiveran a partir de ducias de especies de vertebrados infectadas. O termo chlamydia (que en grego significa manto) apareceu na literatura en 1945, aínda que recibiron tamén outros nomes como Bedsonia, Miyagawanella, axentes da ornitose, do TRIC, e do PLT.
En 1966, as clamidias foron recoñecidas como bacterias e o foi validado o xénero Chlamydia.[3] A orde Chlamydiales foi creada por Storz e Page en 1971.[4] Entre 1989 e 1999, foron recoñecidas novas familias, xéneros e especies. O filo Chlamydiae está establecido no Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey.[5]
En 2006, recolléranse datos xenéticos dunhas 350 liñaxes de clamidias,[6] recoñecéranse catro familias de clamidias (Chlamydiaceae, Parachlamydiaceae, Simkaniaceae, e Waddliaceae),[7][8] e fora proposta unha familia máis, as (Rhabdochlamydiaceae).
Chlamydiae é un peculiar grupo evolutivo de bacterias que se separou das outras bacterias hai aproximadamente mil millóns de anos.[9][10] As especies deste grupo poden distinguirse xeneticamente das demais bacterias pola presenza de indels (inversións e delecións) conservados en diversas proteinas como a subunidade alfa da ARN polimerase, xirase B, factor de elongación-Tu e factor de elongación P, e por gran número de proteínas "sinatura" que son únicas de certas especies de clamidias.[11][12] Os informes varían sobre a relación das clamidias coas Planctomycetales ou coas Spirochaetes.[13][14] Porén, a secuenciación do xenoma indica que o 11% dos xenes de Candidatus Protochlamydia amoebophila UWE25 e o 4% de Chlamydiaceae son moi similares aos xenes dos cloroplastos, plantas, e cianobacterias.[10] Pero a filoxenia e a presenza común de indels conservados en proteínas como a subunidade beta da ARN polimerase e a lisil-ARNt sintetase indican que os parentes máis próximos vivos destes organismos son as Verrucomicrobia.[15] A comparación de xenes do ARN ribosómico serviu para facer unha filoxenia das estirpes coñecidas de Chlamydiae.[6] O status único de Chlamydiae permitiu o uso de análises de ADN para o diagnóstico das clamidias.[16] Comprobouse que Chlamydia trachomatis carece da proteína FtsZ, necesaria para a formación da parede divisoria na división binaria.[17]
Describíronse tres especies de clamidias que infectan aos humanos, que son:
No cladograma móstrase a taxonomía actualmente aceptada baseada na LSPN List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LSPN) [18] e a filoxenia está baseada en datos do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project [19]
?Candidatus Piscichlamydia salmonis Draghi et al. 2004
?Criblamydiaceae ♠Criblamydia sequanensis ♠ Thomas et al. 2006
?Candidatus RhabdochlamydiaCandidatus R. crassificans (Radek 2000) Corsaro et al. 2007
Candidatus R. porcellionis Kostanjsek et al. 2004
WaddliaWaddlia chondrophila Rurangirwa et al. 1999
Waddlia malaysiensis ♥ Chua et al. 2005
SimkaniaceaeSimkania negevensis Everett et al. 1999
Candidatus FritscheaCandidatus F. bemisiae Everett et al. 2005
Candidatus F. eriococci Everett et al. 2005
Parachlamydiaceae?Candidatus Metachlamydia lacustris Corsaro et al. 2010
?Protochlamydia ♠Candidatus P. amoebophila Collingro et al. 2005
P. naegleriophila ♠ Casson et al. 2006
Neochlamydia hartmannellae Horn et al. 2001
Parachlamydia acanthamoebae Everett et al. 1999
Chlamydiaceae?Candidatus Clavochlamydia salmonicola Karlsen et al. 2008
Chlamydophila pneumoniae (Grayston et al. 1989) Everett et al. 1999
Chlamydophila pecorum (Fukushi and Hirai 1992) Everett et al. 1999
ChlamydophilaC. psittaci (Lillie 1930) Everett et al. 1999
C. felis Everett et al. 1999
C. caviae Everett et al. 1999
C. abortus Everett et al. 1999
ChlamydiaC. muridarum Everett et al. 1999
C. suis Everett et al. 1999
C. trachomatis (Busacca 1935) Rake 1957 emend. Everett et al. 1999
Notas:
♠ Liñaxes atopadas no (NCBI) pero non na LSPN. ♥ Liñaxes que non aparecen no NCBI (National Center for Biotechnology Information) e si na LSPN.
As clamidias ou Chlamydiae é un grupo de bacterias que constitúen un filo e unha clase, formado por bacterias patóxenas intracelulares obrigadas. Moitas clamidias coexisten co seu hóspede específico nun estado asintomático, e cóidase que eses hóspedes serven de reservorio para estas bacterias. Actualmente só se recoñece unha orde dentro do grupo, as Chlamydiales.
Todas as clamidias coñecidas só poden vivir infectando células eucarióticas. Son bacterias moi pequenas, tan diminutas ou máis ca algúns virus. As clamidias replícanse dentro das súas células hóspedes. A maioría das clamidias están localizadas dentro das células en corpos de inclusión ou vacúolos. Fóra das células poden sobrevivir só como unha forma extracelular infecciosa, que se transmite xeralmente por vía aérea. Son máis fáciles de illar cando están aínda dentro da célula. Non poden propagarse en medios de cultivo bacteriano de laboratorio.
Cavalier-Smith postulou que as Chlamydiae están dentro do clado Planctobacteria do gran clado Gracilicutes.