Bacillus halodurans é unha especie de bacteria grampositiva con forma de bacilo, móbil e formadora de esporas que se encontra no solo. Nunha comparación xenómica con Bacillus subtilis, a cepa de B. halodurans C-125, orixinalmente unha cepa de Bacillus non clasificada,[1] contiña xenes únicos e factores sigma que puideron axudarlle a adaptarse a ambientes máis alcalinos.[2]
B. halodurans produce unha bacteriocina, chamada haloduracina, que pode ser útil como lantibiótico e podería faricarse en grandes cantidades por fermentación en estado sólido.[3]
B. halodurans ten un xenoma que contén 4,2 Mbp con 4066 xenes codificadores de proteínas.[2][4]
Bacillus halodurans é unha especie de bacteria grampositiva con forma de bacilo, móbil e formadora de esporas que se encontra no solo. Nunha comparación xenómica con Bacillus subtilis, a cepa de B. halodurans C-125, orixinalmente unha cepa de Bacillus non clasificada, contiña xenes únicos e factores sigma que puideron axudarlle a adaptarse a ambientes máis alcalinos.