dcsimg

Bombina variegata ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Bombina variegata é unha especie de anfibio anuro da familia Bombinatoridae que vive esencialmente en Centroeuropa e os Balcáns.[2]

Descrición

Os adultos de maior tamaño non chegan a 35 mm de lonxitude (machos) ou 55 mm (femias), polo que é unha das especies máis pequenas de Archaeobatrachia. O seu dorso é marrón verdoso, frecuentemente con manchas brillantes. O ventre, incluíndo a cara interna dos brazos e os dedos, son dun ton gris azulado a negro azulado con conspicuas manchas amarelo-alaranxadas que cobren a metade de dita superficie, moi rechamantes e características. Estes anuros teñen un corpo compacto non tan aplanado como Bombina bombina. As pupilas son acorazonadas sen tímpanos visibles, a parte superior ten numerosas verrugas.

O canto de apareamento dos machos pode sentirse na primavera tardía e inicios do verán. Como esta especie non ten sacos bucais, o canto é suave.

Posta: Os ovos póñenos desde maio ata xuño, agrupados en paquetes laxos de 2 a 30 ovos deixados na herba ou outra vexetación. Teñen unha cor marrón pola cara superior, e marrón máis brillante na cara inferior. O tamaño medio é de 1,5 a 2 mm, cunha capa mucosa de 5 a 8 mm.

Larvas: As larvas ou cágados teñen un tamaño máximo de 55 mm, co final da cola arredondado. Son de cor cincenta sucia.

Distribución

É unha especie estreitamente asociada coa auga. Orixinariamente vivía ao longo de regatos e ríos, dependendo da dispoñibilidade de auga. Baixo a influencia humana o seu hábitat segue dependendo da dispoñibilidade de pequenos corpos de auga en terra lamosa, como rodeiras deixadas por tractores, charcos, e gavias. A maioría destas zonas son ricas en vexetación e están libres de depredadores e especies competidoras. O quecemento destes pequenos corpos de auga asegura o desenvolvemento rápido de embrións e larvas. A elevada mobilidade dos xuvenís permite a dispersión desta especie a novas zonas axeitadas. En terra procuran refuxio debaixo de rochas, madeira morta e gretas. Prosperan en zonas montañosas e outeiros de Europa central e meridional como o val do alto Rhin.

Esta especie encóntrase en Europa entre os 100 e 2100 m de altitude nos seguintes países: Francia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña, Suíza, norte de Italia, Austria, Chequia, Polonia, Eslovaquia, Hungría, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro, Albania, República de Macedonia, Grecia, Bulgaria, Romanía e oeste de Ucraína. Está ausente de toda a península Ibérica, Galicia incluída.

Ameazas

  • Perda de lugares axeitados para a posta.

Publicación orixinal

  • Linnaeus, 1758 : Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, ed. 10, vol. 1 (texto íntegro).

Galería

Notas

  1. Sergius Kuzmin, Mathieu Denoël, Brandon Anthony, Franco Andreone, Benedikt Schmidt, Agnieszka Ogrodowczyk, Maria Ogielska, Milan Vogrin, Dan Cogalniceanu, Tibor Kovács, István Kiss, Miklós Puky, Judit Vörös, David Tarkhnishvili & Natalia Ananjeva (2004). «Bombina variegata» . Lista Vermella de especies ameazadas da UICN 2013.1 (en inglés). Consultado el 26 de outubro de 2013.
  2. Frost, D.R. « Bombina variegata ». Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0. (en inglés). Nueva York, EEUU: Museo Americano de Historia Natural.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Bombina variegata: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Bombina variegata é unha especie de anfibio anuro da familia Bombinatoridae que vive esencialmente en Centroeuropa e os Balcáns.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician