Taxodium [2] é un xénero de árbores que comprende dunha a tres especies (dependeno da opinión taxonómica) de coníferas extremadamente tolerantes aos asolagamentos da familia dos alciprestes, Cupressaceae. O nome do xénero deriva da palabra latina taxus, que significaba 'teixo', e da palabra grega εἶδος (eidos), que significa 'similar a'.[3] Dentro da familia, Taxodium está máis estreitamente relacionado cos alciprestes asiáticos Glyptostrobus pensilis e Cryptomeria japonica.
As especies de Taxodium viven na parte sur de Norteamérica e son de folla caduca no norte e de semiperennes a perennes no sur. Son árbores grandes, que chegan a medrar entre 30 e 46 m de altura e de 2 a 3 m de diámetro do tronco (excepcionalmente 11 m). As follas aciculares, de 2 a 3 cm de longo, crecen en disposición espiral no talo, retortas na base, de modo que aparecen en dúas ringleiras planas a cada lado do talo. Os conos son globosos, de 2 a 3,5 cm de diámetro, con de 10 a 25 escamas, cada escama leva unha ou dúas sementes; maduran de 7 a 9 meses despois da polinización, cando se desintegran para liberar as sementes. Os conos masculinos (con pole) orixínanse nun acio penduloso, e soltan o pole en cada primavera. Os Taxodium teñen pneumatóforos, raíces que crecen en e ao a carón da auga, que son proxeccións leñosas que crecen por riba da superficie da auga que se cre serven para transportar oxíxeno ao sistema radicular.
Os tres taxons existentes de Taxodium son tratados como especies distintas, aínda que algúns botánicos as tratan como unha soa especie, considerando as outras como variedades da primeira que foi descrita. As tres son distintas en ecoloxía, crecen en diferentes ambientes, pero poden hibridarse.
As árbores son especialmente prezadas pola súa madeira, xa que a súa cerna é extremadamente resistente ás térmites e a apodrecer. A cerna contén un sesquiterpeno chamado cipreseno,[5] que actúa como un conservante natural. O cipreseno tarda décadas en acumularse na madeira, polo que a madeira obtida das árbores vellas de bosques primarios é a máis resistente a apodrecer.[6] Porén, a idade da árbore tamén incrementa a susceptibilidade ao fungo Stereum taxodii, que ataca a cerna e causa que algunhas árbores danadas queden ocas e sexan inútiles para obter madeira. A madeira do T. distichum era máis utilizada anteriormente que agora no sur dos Estados Unidos para construír tellados de madeira.[7] A codia descamada destas árbores utilízase como humus.
Na historia da Terra Taxodium estaba moito máis estendido no hemisferio norte do que hoxe. Os fósiles máis vellos encontráronse en depósitos do Cretáceo tardío de Norteamérica. As árbores persistiron en Europa ata hai uns 2,5 millóns de anos, durante o Plioceno.[8]
Taxodium é un xénero de árbores que comprende dunha a tres especies (dependeno da opinión taxonómica) de coníferas extremadamente tolerantes aos asolagamentos da familia dos alciprestes, Cupressaceae. O nome do xénero deriva da palabra latina taxus, que significaba 'teixo', e da palabra grega εἶδος (eidos), que significa 'similar a'. Dentro da familia, Taxodium está máis estreitamente relacionado cos alciprestes asiáticos Glyptostrobus pensilis e Cryptomeria japonica.