dcsimg

Lavandeira branca ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A lavandeira branca[1] (Motacilla alba) é unha ave pequena da orde Passeriformes da familia dos Motacillidae. Este paxaro encóntrase en case todos os hábitats, pero principalmente xunto ao ser humano, ao que anuncia a chegada do tempo frío, chegando incluso a aniñar durante esta época.

Descrición

As lavandeiras son costureiras,
sempre a move-las tixeiras.

—Popular[2]

A lavandeira branca é unha ave pequena e elegante, de 16 a 19 cm de lonxitude, cunha cola sempre en movemento.

Diferenzas entre subespecies

 src=  src=
Sub. M. a. alba (esquerda) e sub. M. a. yarrellii (dereita)

En Europa occidental hai dúas subespecies: M. a. alba e M. alba yarrellii. As dúas poden verse en Galicia e son comúns.

A subespecie Motacilla alba alba é basicamente de cor gris pola parte superior e branca pola inferior, cara branca, copete e pescozo negros.

A subespecie Motacilla alba yarrellii cambia o gris polo negro (o un gris case negro nas femias), mais é semellante na súa conduta. Ten a súa área de distribución básica nas illas Británicas, pero moitas invernan na Península Ibérica ou o norte de África. Denomínase lavandeira moura para diferenciala da subespecie nominal.[3]

A diferenciación da lavandeira branca en dúas subespecies en Europa occidental foi debido ao parcial illamento da forma británica, aínda que a esta xa pode verse criando en áreas de Europa central. Hai un bo número doutras subespecies, que se diferencian na cor das alas, o dorso e a cabeza; algunhas como Motacilla alba personata con toda a cabeza negra e unha máscara branca na cara, e Motacilla alba subpersonata moi similar pero con dorso gris e papo branco.

Distribución e hábitat

Esta especie vive en moitas partes de Europa, de Asia e norte de África. Algunhas residen permanentemente neses lugares e outras migran a África.

É unha ave insectívora de campo aberto. Prefire áreas despexadas para aniñar, onde poder ver e seguir as súas presas. Nas zonas urbanas adáptase a buscar o sustento no pavimento ou nos xardíns.

Nas zonas urbanas, aniña en gretas de paredes rochosas moi similares ás naturais ou en estruturas feitas polo home.

Subespecies

  • Motacilla alba alba
  • Motacilla alba alboides
  • Motacilla alba baicalensis
  • Motacilla alba dukhunensis
  • Motacilla alba leucopsis
  • Motacilla alba lugens
  • Motacilla alba ocularis
  • Motacilla alba persica
  • Motacilla alba personata
  • Motacilla alba subpersonata
  • Motacilla alba yarrellii

Imaxes da lavandeira branca en Galicia

Notas

  1. "Entrada lavandeira en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 23 de novembro de 2018.
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 59. ISBN 84-7154-379-6.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.

Véxase tamén

Bibliografía

  • IUCN 2006. Asesores: BirdLife International, 2006. id: 53103. Motacilla alba. 12 maio 2006

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Lavandeira branca: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A lavandeira branca (Motacilla alba) é unha ave pequena da orde Passeriformes da familia dos Motacillidae. Este paxaro encóntrase en case todos os hábitats, pero principalmente xunto ao ser humano, ao que anuncia a chegada do tempo frío, chegando incluso a aniñar durante esta época.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician