dcsimg

Gabeador azul ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O gabeador azul[3] ou piquelo azul[4] (Sitta europaea) é un paxaro da familia Passeridae, estendido por Asia e Europa, excepto, algunhas zonas como Irlanda e a maior parte de Escocia, onde é descoñecido.

É moi sociábel, excepto en período de reprodución. É extremadamente áxil e escala nas árbores con facilidade, e moitas veces, descende por eles cabeza abaixo.

Descrición

Sitta europaea wildlife 4.jpg

O piquelo azul mide uns 14 cm de longo, e ten unha típica cabeza grande, rabo curto, pico poderoso e patas fortes. É de cor gris azulada por arriba, e ten unha especie de lista negra nos ollos. Os espécimes de Asia e do Norte de Europa (S. e. asiatica e S. e. europaea respectivamente) son brancos por embaixo, salvo no peito e na área ventral. Os exemplares de Europa occidental (S. e. caesia) teñen as partes de embaixo polo xeral dunha cor vermelliza. Os paxaros novos son versións "esvaídas" dos adultos.

É un paxaro alegre, do que é frecuente escoitar o seu son típico, un repetido "tuí-tuí-tuí".

Alimentación

Durante a primavera e verán aliméntase, sobre todo, de insectos; no resto do ano gosta de sementes, bagas, noces, abelás, landras, bagas de faias, que con frecuencia mete entre a cortiza para poder fender. Acode aos comedeiros artificiais.

Hábitat

Prefire bosques vellos con grandes árbores centenarios,[5] mixtos ou de follaxes, sebes, parques e grandes xardíns con árbores vellas.

Reprodución

Gosta dos antigos niños, forrados de cortizo e de follas, con orificio que tapiza de lama. Pon de 6 a 9 ovos, entre os meses de abril e xullo.

Nomes noutras linguas

  • Alemán: Kleiber
  • Inglés: Nuthatch
  • Español: Trepador azul
  • Italiano: Picchio muratore
  • Sueco: Nötväcka
  • Polaco:Kowalik

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Sitta europaea". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. Harrap 1996, p. 36.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos; Silvar, Calros (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións.
  5. Savi, Paolo (1873). "Uccelli silvani: Sitta caesia". Ornitologia italiana: opera postuma (en italiano) I. Florencia: Successori Le Monnier. pp. 271–273. OCLC 28108885. doi:10.5962/bhl.title.60988.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Gabeador azul: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O gabeador azul ou piquelo azul (Sitta europaea) é un paxaro da familia Passeridae, estendido por Asia e Europa, excepto, algunhas zonas como Irlanda e a maior parte de Escocia, onde é descoñecido.

É moi sociábel, excepto en período de reprodución. É extremadamente áxil e escala nas árbores con facilidade, e moitas veces, descende por eles cabeza abaixo.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician