Limanda ferruginea é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das seis que integran o xénero Limanda,[2], que é coñecido en galego como limanda de cola amarela, adaptación do seu nome en inglés yellowtail flounder.[3]
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de importancia comercial, que habita sobre fondos areosos pouco profundos nas plataforma continental da parte noroeste do océano Atlántico, desde o sur da península do Labrador (Canadá) até ao norte da costa leste dos Estados Unidos.
A especie foi descrita en 1839 polo naturalista estadounidense David Humphreys Storer, baixo o nome de Platessa ferruginea.[1]
Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Storer, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]
O nome limanda, que Linneo empregou como nome específico (e que despois adoptou Gottsche para o xénero por el creado, e no que actualmente se sitúa esta especie) é un termo do latín científico tirado do francés limande "limanda", que á súa vez deriva do francés antigo lumande, e este do latín lima, "lima" (utensilio dos carpinteiros), ao que lle engadiu o sufixo -ande; estes peixes serían así denominado a causa da rugosidade da súa pel, no sentio de que era 'boa para limar'.[4][5]
O nome específico, ferruginea é deriva do adxectivo latíno ferrūgineus, -a, -um, "da cor do ferro", derivado do substantivo ferrūgo, -ĭnis, "ferrruxe", á súa vez derivado de ferrum, -i, "ferro".[6]
A máxima lonxitude rexistrada da especie foi de 64 cm, e o seu peso máximo alcanzou 1,5 kg.[7]
Limanda ferruginosa é un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que habita sobre fondos areosos pouco profundos nas plataforma continental da parte noroeste do océano Atlántico, desde o sur da península do Labrador (Canadá) até ao norte da costa leste dos Estados Unidos, entre os 54° N a os 37° N, chegando polo sur á bahía de Chesapeake (entre Maryland e Virxinia),[8] a profundidades de 27 a 364 m,[9]
Os adultos habitan en fondos areoso e lamacentos,[7] e prefiren profundidades de 37 a 82 m, en augas a temperaturas de entre 3 e 5 °C.[10]
Aliméntase principalmente de vermes poliquetos e anfípodos, camaróns, isópodos e outros crustáceos e, ocasionalmente, de pequenos peixes bentónicos.[11]
A idade máxima rexistrada é de 12 anos.[12]
Limanda ferruginea é obxecto de pesca comercial na áreas de pesca 21(Atl´ñantico noroeste).[3] As súa capturas efectúanse sobre todo con artes de arrastre.
Comercialízase en fresco ou conxelada, consumíndose cocida ao vapor, frita, en microondas e asada ao forno.[13]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica, desde 1996 o estado de conservación da especie comno VU vulnberábel).[14]
Limanda ferruginea é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das seis que integran o xénero Limanda,, que é coñecido en galego como limanda de cola amarela, adaptación do seu nome en inglés yellowtail flounder.
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de importancia comercial, que habita sobre fondos areosos pouco profundos nas plataforma continental da parte noroeste do océano Atlántico, desde o sur da península do Labrador (Canadá) até ao norte da costa leste dos Estados Unidos.