Woodsiaceae (as woodsiáceas) é unha familia de fentos da orde Polypodiales, que na moderna clasificación de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] clasifícase diferente que no seu predecesor sistema de Smith et al. (2006).[4]
A clasificación máis actualizada é a de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006, 2008); que tamén prové unha secuencia lineal das licofitas e monilofitas.[4][5]
Localización taxonómica:
Plantae (clado), Viridiplantae, Streptophyta, Streptophytina, Embryophyta, Tracheophyta, Euphyllophyta, Monilophyta, Clase Polypodiopsida, Orde Polypodiales, Familia Woodsiaceae.
Sinónimos: Athyrioides, fentos femia, fentas.
Incluíndo Athyriaceae, Cystopteridaceae
Preto de 15 xéneros definidos por Smith et al. 2006, un 85 % das especies pertence aos dous xéneros principais, Athyrium e Diplazium, os dous probabelmente son parafiléticos.
Preto de 700 especies.
Como está delimitado en Smith et al. 2006, Woodsiaceae pode ser parafilético a Aspleniaceae, (Blechnaceae + Onocleaceae), e Thelypteridaceae. A maior parte das análises non chega a apoiar nin a parafilia nin a monofilia do grupo (Hasebe et al. 1995, San et al. 2000a, Schneider et al. 2004c). Por mor desta incerteza, máis as bases morfolóxicas que permiten recoñecer a Woodsiaceae como aquí está circunscrita, Smith et al. (2006) creron que era prematuro adoptar a alternativa de erixir (ou resucitar) moitas pequenas familias para albergar a estes xéneros. Nun estudo posterior Schuettpelz e Pryer (2008) confirmaron a parafilia de Woodsiaceae, e suxestionan o seu desmembramento en familias máis pequenas (véxase publicación en notas).
Na súa maior parte terrestres.
Subcosmopolitas.
Coas características de Pteridophyta.
Rizomas rastreiros, ascendentes ou erectos. Escamas nos ápices, usualmente non clatradas, glabras, glandulares ou ciliadas. Pecíolos con dous feixes vasculares que nun corte transversal atópanse cunha forma crecente, enfrontados o un ao outro. Na parte distal estes dous feixes vasculares únense dando como resultado unha forma de sumidoiro ("gutter-shape") no corte transversal.
Follas monomórficas, raramente dimórficas. Veas pinadas ou bifurcadas, ceibes, pouco comunmente anastomosándose e entón sen veíñas inclusas.
Soros abaxiais, redondos, con forma de J, ou lineais con indusio reniforme a lineal ou sen indusio.
Esporas reniformes, monolete, perina alada, con cristas ou espiños.
Número de cromosomas: na súa maior parte x = 40, 41. Tamén x = 31 (Hemidictyum), x = 33, 38, 39 (Woodsia), e x = 42 (Cystopteris).
Woodsiaceae (as woodsiáceas) é unha familia de fentos da orde Polypodiales, que na moderna clasificación de Christenhusz et al. 2011 clasifícase diferente que no seu predecesor sistema de Smith et al. (2006).