dcsimg
Image of Pohutukawa
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Myrtles »

Pohutukawa

Metrosideros excelsa Soland. ex Gaertn.

Árbore das bruxas ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A árbore das bruxas[2] ou metrosideros excelso[3] (Metrosideros excelsa) é unha árbore perennifolia da familia dos mirtos que produce un feixe de flores rechamangueiras compostas de conxuntos de estames. O metrosídero é unha das doce especies de Metrosideros endémicas de Nova Zelandia. Chámase pōhutukawa na súa lingua. En Galiza atopamos varios exemplares coma ornamentais, algúns deles senlleiros.

Descrición

 src=
Porte da árbore

A árbore medra até 20 m de altura, cunha copa extensa en forma de cúpula. O seu rango natural son as rexións costeiras da Illa do Norte de Nova Zelandia, ao norte dunha liña que se estende dende New Plymouth (39° S) a Gisborne (39° S). Tamén medra á beira dos lagos da área de Rotorua. Un espécime xigante de pohutukawa en Te Araroa, na beiramar leste, ten sona de ser a árbore máis grande do país, cunha altura de 20 m e unha extensión de follaxe de 38 m.[4] A árbore ten a reputación de ser un habitante dos cavorcos. É capaz de se manter agarrado ás fendas das abas en precarias e case verticais situacións. Algúns espécimes teñen raíces aéreas enmarañadas e fibrosas. Como o seu pariente hawaiano o lehua (M. polymorpha), a árbore do fogo amosouse eficiente na colonización dos campos de lava, notabelmente na Illa Rangitoto, un volcán no porto de Auckland.

Flores

O pohutukawa florea de novembro a xaneiro cun pico no medio do final de decembro (o verán do hemisferio sur), con brillantes flores carmesí cubrindo a árbore, polo tanto ten o sobrenome de árbore de Nadal de Nova Zelandia. Hai unha variación entre as árbores individuais no tempo da floración, na sombra e brillo das flores. En poboacións illadas a deriva xenética resultou en variación local: moitas das árbores que medran arredor dos lagos producen flores rosadas, e hai cultivares de flores amarelas, "Aurea", descendentes dun par descuberto en 1940 na Illa Motiti en Bay of Plenty (Baía da fartura).

Conservación

En Nova Zelandia, a árbore do fogo está ameazada pola especie Trichosurus vulpecula que consome as súas follas. Un fondo caritativo de conservación, Project Crimson (Proxecto Carmesí), ten o obxectivo de reverter o declive da pohutukawa e doutras especies de Metrosideros.

Árbores senlleiras en Galiza

 src=
Árbore das bruxas na policía local da Coruña

Dous exemplares de árbores do fogo (Metrosideros excelsa) figuran no catálogo de árbores senlleiras de Galiza, elaborado pola Xunta de Galicia:

Cultivo

 src=
Árbore do fogo a rosear.

A árbore do fogo é unha árbore popular ornamental, vizosa e doada de cultivar. Áchase naturalizada na área de Wellington no norte da Illa do Sur. A pohutukawa foi ademais introducida en países de clima temperado a subtropical, incluíndo o sueste de Australia, naturalizándose na Illa Norfolk. Na costa de California, é unha árbore popular de rúa e xardín. En partes de Suráfrica o metrosídero medra tan ben que é considerado especie invasora, tamén se está a naturalizar nos cavorcos costeiros da rexión de Sydney, Australia.

En Europa dáse moi ben en Galiza, chegando á Coruña[5] e o sur de Inglaterra.[6]

Notas

  1. Sinónimos en Kew
  2. Jaime Bernardo Blanco-Dios (2010) As árbores da cidade de Pontevedra: flora ornamental arborescente do núcleo urbano de Pontevedra. Concello de Pontevedra, p. 144
  3. "Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
  4. "Native Plant Information". Trees for Survival. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2007. Consultado o 13 marzo 2007.
  5. "Pohutukawa en España". Te Ara Encyclopedia of New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 19-02-2009. Consultado o 18-06-2009.
  6. "Metrosideros excelsa en Inglaterra" (PDF). Royal Horticultural Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03-03-2009. Consultado o 18-06-2009.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Simpson, P., 2005. Pōhutukawa & Rātā: New Zealand's Iron-Hearted Trees. Wellington: Te Papa Press.

Outros artigos

  • "Pohutukawa Fact Sheet" (PDF). Project Crimson. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14-06-2007. Consultado o 09-06-2007.
  • license
    cc-by-sa-3.0
    copyright
    Autores e editores de Wikipedia
    original
    visit source
    partner site
    wikipedia gl Galician

    Árbore das bruxas: Brief Summary ( Galician )

    provided by wikipedia gl Galician

    A árbore das bruxas ou metrosideros excelso (Metrosideros excelsa) é unha árbore perennifolia da familia dos mirtos que produce un feixe de flores rechamangueiras compostas de conxuntos de estames. O metrosídero é unha das doce especies de Metrosideros endémicas de Nova Zelandia. Chámase pōhutukawa na súa lingua. En Galiza atopamos varios exemplares coma ornamentais, algúns deles senlleiros.

    license
    cc-by-sa-3.0
    copyright
    Autores e editores de Wikipedia
    original
    visit source
    partner site
    wikipedia gl Galician