dcsimg

Ganso das neves ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O ganso das neves (Anser caerulescens ou Chen caerulescens) é unha especie de ganso norteamericana. O seu nome científico está en discusión: mentres a Unión americana de ornitólogos e BirdLife International sitúana xunto aos outros gansos brancos dentro do xénero Chen, outras autoridades mantéñeno dentro do xénero Anser.

Descrición

A especie adoita dividirse en dúas subespecies: o ganso das neves pequeno (Anser caerulescens caerulescens), que cría dende o centro do norte do Canadá ata ó estreito de Bering, e o’ganso das neves grande (Anser caerulescens atlanticus), que se reproduce no nordeste do Canadá.

A forma pequena mide entre 63,5 e78,7 cm e pesa de 2 a 3 kg. Os exemplares da subespecie meirande pesan uns 3.200 gramos de media, pero poden chegar ós 4500. A envergadura alar dos gansos das neves vai dos 135 ós 165 cm.

 src=
Ganso das neves en Cap Tourmente, Quebec, Canadá

Esta especie amosa dúas fases de coloración: unha fase branca e outra escura ou azul. Os exemplares de fase azul da subespecie de máis tamaño son, porén, escasos.

Os individuos da fase branca son totalmente brancos, agás polas puntas negras das alas. A forma azul caracterízase pola coloración gris azulada agás no pescozo, a cabeza e a punta da cola. Hai formas de transición entre as dúas coloracións. Os individuos de ámbalas dúas fases teñen o bico vermello e negro e as patas vermellas. Femias e machos teñen un aspecto semellante. Os gansos novos son agrisados.

 src=
C. c. caerulescens fprma azul

Cando buscan parella os gansos adoitan escoller un compañeiro de cor semellante ó de seus pais. Os fillos de parellas mixtas emparéllanse con individuos de calquera fase.

Distribución e hábitat

Crían no noroeste de Groenlandia, no norte de Canadá e nordeste de Siberia. Son aves migratorias que pasan o verán sobre todo en zonas dos Estados Unidos, aparecendo en ocasións máis ó sur. A poboación reprodutora do ganso das neves é superior os 5 millóns de exemplares, e aumentan ano a ano. No caso do ganso das neves pequeno están a establecerse colonias en zonas da costa da baía de Hudson onde ata agora non criaban.

A migración cara ó sur comeza entre finais de agosto e primeiros de setembro e as aves acadan o seu destino ó redor de outubro. Durante a migración forman grandes bandos que voan moi altos ó longo de corredores aéreos moi estreitos, percorrendo máis de 4.000 quilómetros, polo que pasan máis de medio ano nas súas viaxes migratorias de ida e volta.

 src=
Área de distribución do ganso das neves pequenos
 src=
Rutas migratorias norteamericanas dos gansos das neves
 src=
Anser caerulescens

Orixinalmente os gansos das neves pasaban o inverno só en zonas costeiras pantanosas, onde recolleitan raíces co seu bico curto e forte. De alí pasaron a establecerse nos campos de arroz e posteriormente nos de todo tipo de cereais nos que aparecen ata abril e maio, cando volven cara á tundra ártica. Algúns biólogos sinalan a adaptación ás áreas cultivadas como causa principal do aumento das poboacións da especie en Norteamérica. No Xapón, onde eran abundantes, fixéronse, porén, raros [2] e as poboacións da illa de Wrangel reducíronse tamén drasticamente.

Hábitos reprodutores

Os gansos das neves forman parellas que duran toda a vida. Malia emparellárense en xeral no segundo ano de vida non comezan a reproducirse ata ó terceiro. As femias teñen unha tendencia moi forte a reproducirse no mesmo lugar onde naceron (filopatía).

 src=
Bando de gansos en voo

A miúdo crían en colonias. A construción do niño comeza a finais de maio ou primeiros de xuño, dependendo da presenza da neve. As femias constrúen o niño, consistente nunha depresión pouco fonda rodeada de materia vexetal, nunha elevación do terreo, e o mesmo niño pode ser usado máis dun ano. Cando pon o primeiro ovo (en total poñen de 3 a 5), a nai cobre o niño con penuxe. O período de incubación é de entre 22 e 25 días. Os polos, que son vixiados polos dous membros da parella mentres procuran comida, son capaces de voar cando fan entre 42 e 50 días, pero poden permanecer co grupo familiar ata que teñen dous ou tres anos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Jonathan Alderfer (Hrsg): Complete Birds of Northamerica, National Geographic, Washington D.C. 2006, ISBN 0-7922-4175-4
  • Erich Rutschke: Wildgänse. Lebensweise – Schutz – Nutzung. Parey, Berlin 1997, ISBN 3-8263-8478-4
  • Hartmut Kolbe: Die Entenvögel der Welt. 5. Auflage. Ulmer, Stuttgart 1999, ISBN 3-8001-7442-1
  • Herrera, Néstor; Rivera, Roberto; Ibarra Portillo, Ricardo & Rodríguez, Wilfredo}} (2006): Nuevos registros para la avifauna de El Salvador. ["New records for the avifauna of El Salvador"]. Boletín de la Sociedad Antioqueña de Ornitología 16(2): 1-19. [En español] PDF
  • Johnson, Mike. 1997. The snow goose population problem. Northern Prairie Wildlife Research Center Online. [1]

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ganso das neves: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O ganso das neves (Anser caerulescens ou Chen caerulescens) é unha especie de ganso norteamericana. O seu nome científico está en discusión: mentres a Unión americana de ornitólogos e BirdLife International sitúana xunto aos outros gansos brancos dentro do xénero Chen, outras autoridades mantéñeno dentro do xénero Anser.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician